Así son as normas da fase 1, que rexe xa en Galicia desde este luns

Sanidade rexeita a proposta da Xunta de utilizar as áreas sanitarias como unidades territoriais e tampouco permite a mobilidade

|

Volverá ser posible tomar algo nunha terraza ou pedir un libro nunha biblioteca. Iso si, baixo restricións. Por exemplo, os libros que devolvamos ás biblotecas pasasen unha corentena de dúas semanas.


Sanidade rexeita a proposta da Xunta de utilizar as áreas sanitarias como unidades territoriais e tampouco permite a mobilidade entre provincias

Toda Galicia entra na fase 1 da desescalada a partir deste luns, 11 de maio, segundo anunciou o venres o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón.

Mesas e cadeiras de terrazas recollidas en Santiago de Compostela.



A provincia foi a unidade territorial que elixiu o Ministerio de Sanidade para dividir a Comunidade. Por este motivo, a cidadanía non poderá cambiar de provincia durante todo o tempo que Galicia permaneza nesta fase.

Esta limitación, establecida polo Goberno central, significa que o comité de expertos non atendeu á petición da Xunta de usar como unidade territorial as áreas sanitarias e tamén rexeitou permitir a mobilidade de cidadáns entre elas, segundo ratificaron fontes da Xunta a Europa Press.

En concreto, o Goberno galego trasladou ao Ministerio de Sanidade unha proposta na que establecían as sete áreas sanitarias como unidades de referencia e solicitaban que se aprobase a mobilidade entre todas elas, de maneira que existise a posibilidade de circular por todo o territorio galego sen restricións.

Aínda que esta mobilidade interprovincial terá que esperar a fases posteriores, o Goberno central si que permitiu a Galicia pasar á seguinte fase en base a diferentes criterios "cuantitativos e cualitativos" establecidos polo comité de expertos.

Así o anunciaron o venres en rolda de prensa o ministro de Sanidade, Salvador Illa, acompañado por Fernando Simón, despois de participar no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

PARÁMETROS UTILIZADOS
Para tomar esta decisión, o comité baseouse en "os datos e os parámetros" previamente establecidos, explicou o ministro. Ao mesmo tempo, apuntou que a desescalada conta con "dous alicerces" que tamén resultaron "fundamentais" para alcanzar esta resolución: "a cogobernanza e a cautela".

"O máis importante é consolidar o que logramos, é dicir, controlar a pandemia", engadiu Illa. Por iso estudáronse "as propostas de todas as comunidades e cidades autónomas ao longo desta semana, analizáronse e en base a isto" tomáronse "decisións conxuntas", explicou o máximo responsable de Sanidade.

Pola súa banda, Simón fixo fincapé en que "este tipo de decisións nunca son fáciles" e requiriron "un traballo moi intenso". Os dous "criterios" imprescindibles que Galicia e o resto de comunidades tiveron que cumprir pasan por contar con 1,5 ou 2 camas de UCI por cada 10.000 habitantes e ter entre 37 e 47 camas de agudos por cada 10.000 habitantes.

No caso galego, esas camas non están dispoñibles a día de hoxe, pero poderían habilitarse "en cinco días", segundo declarou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre este asunto. Outros criterios valorados polo comité de expertos foron o risco de transmisión, a letalidade observada ou a capacidade de resposta dos sistemas de saúde.

MEDIDAS DA FASE 1
Entrar nesta nova fase outorga unha maior mobilidade, aínda que se manteñen restricións por franxas horarias que pode "adaptarse" con respecto á fase 0 nos núcleos de poboación de máis de 5.000 habitantes.

En Galicia si que se poden realizar actividades comou reunións de ata 10 persoas en domicilios, ao aire libre ou lugares públicos. Tamén se permiten os velorios cun máximo de 10 persoas en espazos pechados e de 15 nos abertos. De todos os xeitos, quedan excluídos os grupos vulnerables como persoas con enfermidades inmmunodeprimidas, embarazadas ou diabéticos.

Os lugares abertos contan cun horario preferente para as persoas maiores de 65 añvos. Co que respecta aos deportistas, estes poden volver aos centros deportivos de alto rendemento e adestramento medio en ligas profesionais.

LOCAIS COMERCIAIS E DE HOSTALERÍA
Por outra banda, os locais de hostalería poden volver subir o enreixado coa condición de ofrecer servizo ao 50% do aforo das terrazas, como máximo. A apertura dos espazos interiores, reservarase a fases posteriores.

A cidadanía tamén ten permitido ocupar ata un 50% do aforo dos lugares de culto relixioso, mentres que os hoteis e outros aloxamentos turísticos están autorizados a abrir as súas portas, pero sen usar as zonas comúns.


Os CENTROS COMERCIAIS SEGUEN PECHADOS


No que respecta a os locais comerciais, estes poderán abrir baixo a condición de completar un 30% do seu aforo, como máximo. Un permiso que non se aplica aos grandes parques comerciais, que seguen pechados por norma xeral, aínda que dentro deles poden operar os establecementos que xa o facían anteriormente.

Tamén está permitida a apertura de bibliotecas para préstamos e con limitación de aforo, un condicionante que se impón da mesma maneira para os espectáculos culturais e os museos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE