Pese ao repunte en Vigo, a Xunta pide que toda Galicia pase de fase porque as tendencias son "positivas"

A área sanitaria de Vigo confirmou hoxe 84 novos casos, o seu maior aumento desde o 30 de marzo, fai cinco semanas. A pesar deste sorprendente dato, a Consellería Sanidade solicita ao Ministerio que todas as áreas sanitarias de Galicia pasen a seguinte fase do desconfinamiento. A Xunta insiste que non ha de realizarse por provincias, senón por áreas sanitarias.


|

A área sanitaria de Vigo confirmou hoxe 84 novos casos, o seu maior aumento desde o 30 de marzo, fai cinco semanas. A pesar deste sorprendente dato, a Consellería Sanidade solicita ao Ministerio que todas as áreas sanitarias de Galicia pasen a seguinte fase do desconfinamiento. A Xunta insiste que non ha de realizarse por provincias, senón por áreas sanitarias.




O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou este mércores que o Executivo que lidera Alberto Núñez Feijóo pedirá que toda Galicia pase á fase 1 do proceso de desescalada o próximo 11 de maio e que a referencia que se tome sexa a área sanitaria.

Acompañado doutros dirixentes do Servizo Galego de Saúde, Almuiña detallou as características do documento que se remite ao Ministerio de Sanidade e esgrimiu a situación de Galicia neste momento --seguen en tratamento 2.808 pacientes de coronavirus e 236 permanecen ingresados--.

"Tanto os números absolutos como as tendencias son positivas no conxunto de Galicia e en todas as áreas", explicou o conselleiro, quen indicou que nos últimos 14 días non se computou ningún caso de transmisión en 190 municipios (e en 196 ningún caso de transmisión comunitaria).


QUE PASA EN VIGO?

O incremento hoxe en Vigo non só é o maior desde que a Xunta cambiou a maneira de contar, aplicando o criterio do Ministerio, o 28 de marzo. É o maior  aumento desde o 30 de abril, na época na que se estaba facendo test masivos en residencias de anciáns


Así se pode ver na nova gráfica de casos diarios por áreas, que Galiciapress actualiza desde o 28 de abril:




Tamén se pode comprobar na antiga gráfica por áreas, que Galiciapress actualizou ata o 28 de abril, cando a Xunta cambiou a metodoloxía:





Consultadas por Galiciapress, fontes oficiais do SERGAS en Vigo indican que este aumento non é, en principio, máis nada que produto de que agora se fan alí moitos máis test e hai xornadas nas que soben os positivos. Mentres, o resto de áreas ofrecen baixadas significativas ou lixeiros repuntes nos casos de Santiago e Pontevedra. 


O SERGAS VESE PREPARADO

Ademais, o Sergas defende no seu comunicado a capacidade sanitaria e hospitalaria de Galicia se houbese que dar resposta a novos casos, así como de seguir e illar calquera contaxio que se detecte.


Na súa intervención, Almuiña remarcou que a proposta da Xunta é tamén que haxa "unha maior flexibilidade na mobilidade entre territorios coa mesma situación epidemiolóxica" dentro da Comunidade.


R3alf coronavirus casos activos no rea sanitaria de vigo (1)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE