A nivel de medidas concretas, o máis relevante é a promesa de garderías gratuítas para o primeiro fillo, a promesa dunha gran fábrica de fibras téxtiles para a provincia de Lugo e a confirmación do fin de estado de emerxencia sanitaria.
O Debate de Estado de Autonomía deixa claro que a estratexia do PP de Galicia pasa por presentarse como unha alternativa moderada fronte á "política de trincheiras" que lastra ao Estado. Dentro desa estratexia, Feijóo di que os galegos poden contar con el. Sen aclaralo de todo, apunta a que tentará repetir un cuarto mandato. Unha "cortina de fume" para En Marea, unha estratexia escapista para o Grupo Común da Esquerda, un discurso baleiro e de despedida para o PSdeG, propio dos "mundos de yupi" en opinión do Bloque e baseado en feitos incontestables segundo o PPdeG.
Xa ninguén pode ter dúbidas de que Alberto Nuñez Feijóo non confía no xiro á dereita perpetrado por Pablo Casado no PP. O presidente da Xunta criticou duramente a Pedro Sánchez pola repetición de eleccións, pero lanzou varias cargas de profundidade entre liñas contra Génova. El preséntase como adaíl dunha moderación que o levará a esgotar a lexislatura. O que non acalara é se nesas eleccións de setembro de 2020 el será candidato.
O Debate do Estado de Autonomía empeza este mércores co décimo discurso de Alberto Nuñez Feijóo como presidente da Xunta. O líder do PP presentará novas medidas a favor da natalidade -como favorecer as garderías nas empresas e unha mellor Tarxeta Benvida-. O mandatario presumirá de que Galicia é "a mellor comunidade para ter familia", a pesar da constante perda de poboación, con Galicia batendo as súas peores marcas de natalidade e Ourense liderando as clasificacións de peor natalidade e maior envellecemento.
O discurso do presidente en Debate de Estado de Autonomía suscita críticas en todos os outros grupos. Para En Marea é unha fábula que escapa dos problemas como os recortes sanitarios. Para o PSOE é un optimista incapaz de aceptar a man tendida de Pedro Sánchez. Para o Bloque é un "profeta da postverdad" que aínda ten a mente en irse a Madrid.
Analizamos as claves do Debate máis importante do ano no Parlamento. O líder do PP probablemente anunciará algunha baixada de tributos para marcar distancia coas subidas anunciadas desde o Estado. A oposición reprocharalle a súa insistencia en meterse en debates estatais no canto de centrarse nun goberno que ven esgotado.
Tellado chama a En Marea "golpistas" e Antón Sánchez replica que "non hai dereito na Constitución que vostedes non teñan golpeado ou ultraxado".
Os partidos presentaron as propostas de resolución para o Debate sobre o Estado da Autonomía.
Os portavoces dos partidos da oposición criticaron este mércores o balance feito por Feijóo.
Os portavoces darán a réplica esta tarde.
Cuestiona o status de "nacións sen nacionalismo" e considera que PP e BNG non poderán aproximar posicións.