Feijóo dá a entender que se presentará ás próximas eleccións autonómicas no outono de 2020
O Debate de Estado de Autonomía deixa claro que a estratexia do PP de Galicia pasa por presentarse como unha alternativa moderada fronte á "política de trincheiras" que lastra ao Estado. Dentro desa estratexia, Feijóo di que os galegos poden contar con el. Sen aclaralo de todo, apunta a que tentará repetir un cuarto mandato. Unha "cortina de fume" para En Marea, unha estratexia escapista para o Grupo Común da Esquerda, un discurso baleiro e de despedida para o PSdeG, propio dos "mundos de yupi" en opinión do Bloque e baseado en feitos incontestables segundo o PPdeG.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pechou o seu discurso na apertura do Debate sobre o Estado da Autonomía cunha mensaxe sobre o seu futuro. "Os galegos e galegas e poden contar coa Xunta de Galicia e poden contar comigo. Non hai maior honra que servir a Galicia. Ningunha".
Así terminou o xefe do Goberno galego a súa intervención, que se estendeu durante máis de horas e que, nos últimos minutos, tivo que ser interrompida polo desmaio dun auxiliar da Cámara.
Xusto antes deste incidente, Feijóo tirou de ironía para defender o "modelo Galicia" como contrapunto á "inestabilidade" de situación política no Estado. "O galegos si poden durmir tranquilos no que respecta a a Xunta", espetou o líder dos populares galegos.
LONXE DA TENSIÓN MADRILEÑA
Nesta liña, Feijóo defendeu a "moderación, centralidade e unidade" que, di, ofrece a Xunta fronte a "a política de división e trincheiras" que, segundo o mandatario autonómico, marca a política estatal.
Segue en directo ou #DEAGalicia19 aquí: https://t.co/QWeEKyZujN
— TVG (@TVGalicia) September 25, 2019
Feijóo contrapón a estabilidade de Galicia fronte ao bloqueo na política española.https://t.co/Dl2r6Kuthn pic.twitter.com/Duu72mBocT
E é que a situación no Estado, coa convocatoria dunhas novas eleccións genarales para o próximo 10 de novembro, foi un dos asuntos centrais no discurso do presidente galego, que reinvindicou que, pase o que pase nos devanditos comicios, Galicia "será independente da política e dos políticos que non están á altura".
"Non sabemos se do próximo 10 de novembro sairá por fin un Goberno para España, pero Galicia pode estar segura de que si ten e terá na Xunta todo aquilo do que carecemos agora na nación", subliñou Feijóo.
FUTURO POLÍTICO DE GALICIA
O presidente autonómico, que iniciou a súa intervención fixando as eleccións autonómicas para dentro de "doce meses", reservou as últimas palabras do seu discurso para asegurar que Galicia "ten despexado" o seu "futuro" durante ese período de tempo.
"O de menos é o futuro dos que estamos aquí", engadiu a continuación un Feijóo que, como broche á súa intervención, lanzou unha mensaxe a os
galegos de que "poden contar" tanto con el como co Goberno que encabeza. "Non hai maior honra que servir a Galicia. Ningunha", concluíu coa voz visiblemente emocionada.
Vídeo dá sesión matinal do #DEAGalicia19 na #Mediateca do @Par_Gal: https://t.co/GtKp1ScImF pic.twitter.com/pMYskyc65b
— Parlamento Galicia (@Par_Gal) September 25, 2019
Escribe o teu comentario