"Non son refén de ningún partido, nin do meu", Feijóo marca distancias con Casado incluso en pleno debate de autonomía
Xa ninguén pode ter dúbidas de que Alberto Nuñez Feijóo non confía no xiro á dereita perpetrado por Pablo Casado no PP. O presidente da Xunta criticou duramente a Pedro Sánchez pola repetición de eleccións, pero lanzou varias cargas de profundidade entre liñas contra Génova. El preséntase como adaíl dunha moderación que o levará a esgotar a lexislatura. O que non acalara é se nesas eleccións de setembro de 2020 el será candidato.
Xa ninguén pode ter dúbidas de que Alberto Nuñez Feijóo non confía no xiro á dereita perpetrado por Pablo Casado no PP. O presidente da Xunta criticou duramente a Pedro Sánchez pola repetición de eleccións, pero lanzou varias cargas de profundidade entre liñas contra Génova. El preséntase como adaíl dunha moderación que o levará a esgotar a lexislatura. O que non acalara é se nesas eleccións de setembro de 2020 el será candidato.
MARCANDO DISTANCIAS CO XIRO DE CASADO
"Nin fun, nin son, nin serei nunca refén de ningún partido. Nin sequera do meu. Son militante de Galicia", ha aservado Núñez Feijóo nos primeiros compases da súa intervención no Debate sobre o Estado da Autonomía que arrincou na mañá deste mércores co discurso do presidente galego.
Alí, Feijóo contrapuxo o "modelo Galicia" baseado na "moderación" e a "centralidade" á "inestabilidade" política no conxunto estatal marcada, segundo o mandatario autonómico, polos "intereses persoais e partidistas".
"Non imos permitir que a inestabilidade de España se lles trasalade aos galegos por intereses menores. Galicia vai seguir sendo un contrapunto a esta situación", incidiu, antes criticar a quen "antepon a súa conveniencia ideolóxica, partidista e mesmo persoal a Galicia".
"O modelo é Galicia. E por iso, en todo aquilo que dependa de min e mentres dependa de min, os intereses de Galicia xamais se verán sometidos a intereses máis pequenos", minoritarios, e moito menos extremos", subliñou.
ATAQUES A MONCLOA
Antes de situar a súa xestión á fronte da Xunta como exemplo de "moderación", Núñez Feijóo dedicou o seu discurso para criticar ao goberno en funcións encabezado por Pedro Sánchez, principalmente pola reclamación do Goberno galego da devolución dos 700 millóns que o Estado "debe" á comunidade.
"Galicia non reclama nada extraordianrio, é algo que está reacuadado. Non é ningún capricho", remarcou para, a continuación, subliñar que "un goberno en funcións ten funcións, e esta é unha delas".
Para o popular, á "inxustiza" do non abono destes conceptos súmanse "as formas" do Executivo central, que "foi cambiando os seus discursos e estratexias, pero non cambiou a falta de respecto cara a Galicia".
NON HABERÁ ADIANTO DAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS
Tras reivindicar a importancia da cita de política xeral que se celebra cada ano na Cámara galega, o máximo mandatario autonómico asegurou que un debate similar, aínda que de investidura, volverá convocar a todos os galegos "dentro de doce meses". Entón é cando se esgota a súa actual lexislatura. O que non desvelou é se el presentarase.
SACA PEITO ANTE UNHA "GALICIA MELLOR" QUE HAI DEZ ANOS
No arranque, ademais, o presidente da Xunta asegurou non conformarse co xa conseguido nos seus dez anos de goberno para lograr unha "Galicia mellor" e deixou claro que o seu compromiso coa Comunidade galega "está máis vixente que nunca".Todo iso nunha intervención na que, tras facer un breve repaso polos indicadores económicos, analizou a situación política no Estado para asegurar que empeza a haber "hartazgo" entre a cidadanía con catro eleccións en catro anos.
Enfronte a esta "inestabilidade", Feijóo asegurou que a Xunta seguirá traballando "por esta Galicia estable", cunha política que se dedica aos cidadáns e non aos intereses dos partidos.
Escribe o teu comentario