Debate de Estado Autonomía: O Bloque é o único que pide abrir unha negociación sobre un novo Estatuto de Autonomía

O secretario xeral do PPdeG e viceportavoz parlamentario, Miguel Tellado, asegurou que o Debate sobre o Estado da Autonomía permitiu ver a unha "oposición perdida, ensimesmada" que "repetía os vellos mantras de sempre" fronte a un goberno "sólido" e "unido" aínda que "ferido no emocional" pola perda do conselleiro de Facenda Valeriano Martínez.

|

Os partidos aproveitan o receso no Debate de Estado da Autonomía para presentar as súas propostas de pactos.


O PP busca acordos en cuestións que afectan o Goberno de España. En concreto, demandarlle máis apoio para o Xacobeo, delimitación das competencias locais e autonómicas para mellorar o financiemento municipal e agilazación de transferencias prioritarias, como a xestión da AP-9 e do ingreso mínimo vital.


Desde o Bloque presentan un debate político máis ambicioso, pois os nacionalistas apostan por abrir un relatorio para unha análise "sosegada" do autogoberno e o estatutos político de Galicia. Las 40 iniciativas do BNG inclúen dous millóns de euros en atención primaria de forma inmediata e a creación cunha rede de coidados pública para os maiores.


Pola súa banda o PSOE, propón pactos en industria, fondos europeos e atención primaria pero, ao contrario que o Bloque, non inclúe a reforma do Estatuto.


Vista xeral do Parlamento Gallego, durante o minuto de silencio en recordo ao falecido conselleiro de Facenda, momentos previos ao comezo do Debate sobre o Estado da Autonomía, no Pazo

Vista xeral do Parlamento Gallego onte, durante o minuto de silencio en recordo ao falecido conselleiro de Facenda, momentos previos ao comezo do Debate sobre o Estado da Autonomía /ep


O secretario xeral do PPdeG e viceportavoz parlamentario, Miguel Tellado, asegurou que o Debate sobre o Estado da Autonomía permitiu ver a unha "oposición perdida, ensimesmada" que "repetía os vellos mantras de sempre" fronte a un goberno "sólido" e "unido" aínda que "ferido no emocional" pola perda do conselleiro de Facenda Valeriano Martínez.


Nunha rolda de prensa ofrecida este xoves para presentar as 40 propostas de resolución que os populares galegos trasladarán ao debate e nas que se inclúen as medidas anunciadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como a rebaixa de impostos e a gratuidade das garderías para todos os nenos de 0 a 3 anos, Tellado sostivo que a oposición "non estaba no que había que estar".

"Ana Pontón (BNG) debeu terminar o seu período de reflexión, segue á espera dunha aclamación dos coroneis da UPG, unha aclamación que todo parece indicar que non dá chegado", argumentou para engadir que Gonzalo Caballero (PSdeG) compareceu máis pendente das declaracións que das declaracións que facía noutros foros o seu compañeiro Valentín González Formoso, que da intervención do presidente da Xunta", sostivo.

(Haberá ampliación)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE