clima

A Cume do Clima, unha Torre de Babel de intereses

O que quedou claro neste Cume é a división entre os gobernos, poderes económicos, comunidade científica e cidadanía. Ou se toman en serio os cumes ou a credibilidade das mesmas está xa en cuestión.

China, Estados Unidos, Brasil e outros traban acordos no Cume do Clima

Converteuse na máis longa en 25 anos e polo momento non logrou consensos ambiciosos.

A Xunta aspira a que Galicia alcance a neutralidade climática pero sen renunciar á actividade nas Pontes
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, asegura que Galicia aspira a ser das primeiras rexións da Unión Europea que alcance a neutralidade climática, é dicir, que compense as emisións que non poden ser eliminadas coas absorcións do propio contorno natural.
O ecoloxismo galego presente en Madrid pola marcha polo clima
O autodenominado movemento galego polo clima, conformado por máis de 80 colectivos e ONG galegos que traballan en defensa do medioambiente, súmase este venres á marcha do clima de Madrid.
O mar botará a Ence da Ría de Pontevedra se seguimos contaminando igual

A celulosa quedará a mercé do mar nas próximas décadas, de acordo aos mapas do novo estudo publicado pola prestixiosa Nature, onde os científicos estiman que a subida do nivel do mar no próximas tres décadas desprazará a 300 millóns de persoas que residen en zonas costeiras. De seguir contaminando ao mesmo ritmo, o quecemento global fará subir o mar en toda a costa galega, tamén en Vigo, Coruña, O Grove, O Barbanza ou Ferrol. O fondo da Ría de Pontevedra sufriría un cambio drástico con río Lérez que pasaría a gobernar de novo na cidade.

Moito máis probable que fuxamos de casa polo clima que pola guerra, lembra OXFAM no inicio da COP25

Os desastres climáticos convertéronse na principal causa de desprazamento de persoas en todo o mundo na última década e obrigaron a máis de 20 millóns ao ano para abandonar os seus fogares.

Miles de mozos toman as rúas de Galicia en prol do futuro: "Planeta, escoita, somos a túa loita"

Miles de mozos tomaron as rúas da capital galega na tarde deste venres para clamar contra a "emerxencia climática", nunha multitudinaria manifestación convocada polo Movemento Galego polo Clima en seguimento da causa 'Fridays for Future'. 

​Galicia prepárase para o 27S: horarios e puntos de partida das manifestacións polo clima

As principais cidades galegas acollerán diversas protestas ao longo de toda a xornada, con manifestacións e protestas estudantís ante os centros de ensino.

Cambio climático, 'ándeme yo caliente'…

A letrilla satírica do poeta culteranista do Século de Ouro español non incumbe aos perigos do sobrecalentamiento planetario.

Esta non é a miña choiva


Os pactos aos que se chegou no Cume do Clima de Katowice son iguais aos que fai un mal estudante consigo mesmo a semana dos exames: “Vale, non fixen nada en todo este tempo. Pero agora póñome en serio eh! Agora seguro que si!”



Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE