café

Marcos Santamaría, profesor de Restauración: "Cultivamos café en Galicia para aprender a levalo da planta á cunca"

Un café cultivado en Galicia? Pois si, así o confirma o profesor de Hostalaría en Servizos e Restauración no IES de Foz, Marcos Santamaría. Un proxecto entre tres centros (dous galegos e un canario) permitiu cultivar cafetos en invernadoiro preto de Santiago. Os grans recolleranse a man e o toste farase no IES de Foz. A idea era facer comprender ao alumnado de Hostalaría do instituto de Foz o valor que hai detrás dunha cunca chea de líquido negro. A iniciativa vincúlase a unhas axudas de Caixa Bank para proxectos parecidos. 

Tres cafés e un ovo duro

Se a idea de tomar tres cuncas de café ao día bendicida pola OMS se acompañase do dato de que é de comercio xusto, eu apuntaríame o primeiro á moi difundida iniciativa.

O café, un aliado na prevención do cancro de próstata

Investigadores italianos relacionan o consumo de cafeína cunha menor proliferación de células cancerosas e capacidade de metástase.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE