Todo para beneficiar aos implicados no procés: os xa condenados, os procesados pendentes de xuízo e os que tomaron as de Villadiego e seguen fuxidos, coa esperanza posta na lei de Amnistía que lles deixará limpos de po e palla.Coa bendición da Comisión á proposición de lei, o seguinte paso é presentala no pleno do Congreso.
A Garda Urbana cifrou en 6.500 os participantes na praza
A mobilización abarcará as principais prazas das 52 capitais provinciais, contando coa participación de Vox e Cidadáns
Que diferencia de comportamento periodístico entre estes medios e a prensa internacional máis respectada: aí temos os casos dos prestixiosos diarios británicos Financial Times e The Guardían quen veñen de manifestar o seu apoio a amnistía “para rematar coas fracturas políticas entre España e Cataluña”, mentres que moita outra prensa internacional, tamén moi prestixiosa, como Le Monde, Liberatión, The New York Times, Corriere della Sera..., aínda manifestando algunhas dúbidas sobre o acordo cos partidos independentistas cataláns, tamén mostran o seu respecto e comprensión pola decisión, pois consideran que dará estabilidade política, xa que "o Partido Popular (PP) a pesares de seren a primeira forza política non é quen de gobernar España". Pero, en toda romaría que se prece non pode faltar o sector mais ultra da airexa católica que tamén se pronuncia contra a amnistía: "non é aceptable, dende o punto de vista da Doutrina Social da Airexa, unha secesión unilateral".
En 2020 o voto de Néstor Rego (1962) foi decisivo para a investidura de Pedro Sánchez e que se conformase o primeiro Goberno de Coalición. Esgotada a lexislatura e cunha nova negociación para reeditar ese Goberno, o BNG volve a posicionarse como un socio necesario xa non só para a investidura, senón tamén para os orzamentos e outros acordos de calado. O parlamentario nacionalista atende a Galiciapress despois da primeira toma de contacto co PSOE. Nesta primeira parte da entrevista, Rego aborda temas como a Axenda Galega, a amnistía ou a investidura errada de Feijóo, co que non se quixeron reunir os nacionalistas galegos.
En plena negociación para a formación de goberno en España a DIADA, ademais de mostrar fortes divisións no independentismo catalán con berros de botiflers a políticos de ERC, coñece a menor asistencia da última década