Unha neglixencia médica deixou á galega Desirée Vila sen a súa perna dereita cando só tiña 15 anos. Ese incidente acabou coas aspiracións dunha gimnásta, pero provocou o nacemento dunha atleta sen teito, cunha capacidade de resilencia que a levou a participar nos seus primeiros Xogos Paralímpicos e a pelexar por unha nova participación en París 2024. No medio da preparación dos meses decisivos, a de Gondomar atende a Galiciapress para charlar sobre as súas aspiracións de face a este verán, do nivel dos atletas galegos, do seu futuro ligado ao deporte e da polémica que provocaron os comentarios machistas dalgúns usuarios nas súas redes sociais, onde conta con centos de miles de seguidores.