Onde están os 5,5 millóns para reformar o polideportivo de Elviña? O BNG coruñés pide explicacións á Xunta

Os nacionalistas instan á Xunta a cumprir o compromiso alcanzado en outubro de 2022.


|

20221019ComplexosDeportivosACorun5
Foto: Xunta.gal

 

En outubro de 2022 a Xunta de Galicia anunciou unha partida de 5,5 millóns de euros para a reforma dos complexos deportivos dependentes do Goberno galego na cidade da Coruña. Practicamente dous anos e medio despois daquela promesa tras unha reunión coa alcaldesa Inés Rey, nada se sabe dese diñeiro que se ía a destinar a, entre outros, o polideportivo de Elviña, sobre o que o #BNG coruñés pon o foco polo seu mal estado.

 

PINGUEIRAS, FOCHANCAS, BALSAS DE AUGA...

Constátao o edil David Soto nun vídeo compartido en distintas redes sociais no que se ve a situación no que se atopa hoxe o complexo, así comp o da Sardiñeira. Os usuarios destes recintos son os primeiros damnificados polas "pingueiras na pista deportiva", as "fochancas nos accesos" ou os "armarios rotos no vestiario"

 

Sen ir máis lonxe, nunha cidade onde as choivas son frecuentes, o campo de fútbol é unha auténtica lameira pois, aseguran, "non ten unha boa drenaxe", o que impide o seu uso en moitas ocasións ao estar completamente charquento e ser imposible a práctica de ningún deporte alí. 

 

 
Tras máis de dous anos de espera, os nacionalistas advirten que, sen as obras, todo fai indicar que será necesario tramitar de novo as licenzas, o que provocará máis demora nas reparacións anunciadas o 19 de outubro de 2022, cando o conselleiro de Deportes e entón vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, anunciou un gran incremento no seu departamento para os orzamentos de 2023.

 

"Nos pregos da concesión figuraba que as obras de acondicionamento e reparación máis urxentes, que debían ir a cargo da concesionaria, debíanse realizar no tres primeiros anos de duración do contrato, formalizado en outubro de 2022", lembra o BNG no seu comunicado, á vez que Soto urxe á Xunta a que "cumpra coa cidade e ofreza servizos de calidade naquelas instalacións deportivas que son da súa competencia". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE