Italia volve á carga por Yeremay, a nova estrela do Deportivo da Coruña
O mercado de fichaxes volve axitarse ao redor dunha das promesas máis brillantes do fútbol español. O Como 1907, equipo italiano dirixido por Cesc Fábregas, reactivou o seu interese por Yeremay Hernández, a nova estrela do Deportivo da Coruña.
O centrocampista canario, que renovou o seu contrato co Deportivo até 2030, converteuse en obxecto de desexo para varios clubs europeos. A súa evolución no conxunto coruñés e a súa presenza na Selección Española sub-21 non pasou desapercibida, e o Como, que xa tentou a súa fichaxe en xaneiro, mantén a súa determinación por incorporar ao xogador ás súas filas.
A cláusula de rescisión de Yeremay, que supera os 30 millóns de euros, representa un obstáculo moi importante para moitos equipos interesados, sobre todo no verán, cando os equipos teñen máis marxe de manobra que no xa pecho mercado invernal.
O club italiano parece disposto a facer un esforzo económico importante este verán para asegurar a súa fichaxe. Está por ver que decisión toma Abanca, dono do club herculino. Está claro que o canario é o xogador máis determinante do Dépor e clave para as aspiracións de construír un equivo que volva a Primeira, pero 35 millóns son moitos millóns e é posible que Juan Carlos Escotet decida facer caixa este verán tras pasar anos inviertiendo case a fondo perdido.
O Como, experto en pescar en España
O equipo lombardo caracterizouse pola súa habilidade para atraer talento desde as ligas españolas. No pasado mercado invernal, o Como sorprendeu con fichaxes como o de Assane Diao por 11 millóns de euros e a incorporación de Iván Azón, demostrando a súa capacidade para competir por xogadores cotizados.
A pesar do renovado interese do Como, Yeremay Hernández non ten présa por tomar unha decisión sobre o seu futuro. O xogador, que estivo preto de abandonar Riazor en xaneiro ante o forte interese desde Italia e Inglaterra, optou por continuar o seu desenvolvemento no Deportivo, unha decisión que até agora parece ser acertada porque seguen chegando ofertas.
O interese do Como non é illado. Equipos de Inglaterra tamén mostraron o seu interese no pasado. Na Premier League, o mozo canario ha espertado o interese de varios xigantes. Arsenal, Chelsea, Manchester United e Newcastle mostraron un forte desexo por facer cos seus servizos. En Italia, o Nápoles chegou a realizar unha oferta formal.
O Deportivo da Coruña, pola súa banda, mantense firme na súa posición, consciente do valor da súa xoia, fichada da canteira do Real Madrid cando era un preadolescente.
Escribe o teu comentario