Beatriz Seijo, foco dun conflito laboral, denuncia a dous encapuchados tras amencer co escaparate esnaquizado
Durante meses, persoal deste estudo e academia de arte de Santiago foi o obxectivo dunha campaña de CIG por supostos despedimentos improcedentes.
Beatriz Seijo Art Studio + Gallery presentou denuncia ante a Policía despois de que dous encapuchados esnaquicen o seu escaparate, situado no compostelán barrio de Santa Marta, durante a madrugada deste domingo.
Nunha mensaxe en redes sociais, este estudo de arte relata que: "Dúas persoas encapuchadas golpearon violentamente o cristal do noso escaparate". "Isto non é un feito illado, senón parte dunha situación de acoso continuado que vimos sufrindo".
"Non somos delincuentes nin persoas sen xuízo, e non imos tolerar máis agresións nin intimidacións", agrega. Igualmente, pide colaboración se alguén viu a dúas persoas encapuchadas subir a un coche sobre as 1,50 horas da madrugada.
Nos últimos meses, persoal desta empresa protagonizou unha folga e protestas para denunciar o funcionamento do centro e as condicións laborais e salariais. As protestas contaron co apoio do sindicato CIG.
Escribe o teu comentario