Enquisas mostran que o PPdeG recupera o liderado en Galicia e un avance do BNG

Tanto o último estudo de 40db como o de Sigma Dous mostran aos conservadores galegos á alza. Os nacionalistas galegos de esquerda parecen ter na súa man un segundo deputado. 


|

GC3Rd intenciu00f3n de voto elecciones generales galicia
 

 

A última sondaxe que 40db fai mensualmente en Galicia sobre unhas eleccións xerais na autonomía mostra que o #PP recupera parte do terreo que Vox coméralle nos últimos meses.

 

De feito, os de Alberto Nuñez Feijóo dan un salto de case 9 puntos até recuperar o liderado cun 27,1% de intención de voto, o seu segundo mellor rexistro desde hai un ano. Esta recuperación do PPdeG prodúcese, ademais, nun contexto onde o PP estatal baixa un pouco debido, precisamente, ao continuo ascenso dos de Santiago Abascal. 

 

 

Unha vez máis se aprecia a correlación inversa entre o voto conservador e o caixón de xastre da abstención, voto en branco e nulo, que baixan até o 20%. O voto oculto en Galicia é conservador, o que explica que o PP tenda a sacar no país sempre mellores resultados dos que auguran as enquisas. 
 

O partido ultranacionalista español Vox anda polo 18% de intención de voto a nivel estatal grazas a unha continua tendencia á alza rubricada nas recentes eleccións en Aragón. Ese 18% estatal  case triplica ao 7,5% que obtería a nivel galego.

 

 


Resultaríalle suficiente ese 7,5% a Vox para obter representación por Galicia  nuns xenerais? Está por ver, todo depende de que porcentaxes logre nas circunscricións con máis escanos a repartir, Pontevedra e A Coruña. 

 

Pola esquerda, o máis significativo é o arreón de Sumar, que supera o 7,5%, a súa mellor marca de lonxe nos últimos tempos. Isto prodúcese nunha mala onda para Podemos Galicia, con tan pouca porcentaxe que non se concreta na enquisa e tamén para o PSdeG, que cae case seis puntos até o 20%.

 

O descenso dos socialdemócratas sucede nun momento de leve recuperación de voto a nivel estatal para os de Pedro Sánchez. Con todo a tendencia xeral do PSOE a nivel estatal no último ano é levemente á baixa, mentres a de Sumar é levemente á alza. 


O #BNG, pola súa banda, recupera parte da gran caída de final de ano até sumar o 14% en intención de voto, o que en teoría lle dá firmes esperanzas de poder ampliar a súa exigua representación actual, dun só 1 deputado pola Coruña, que obtivo hai catro anos, cando a súa porcentaxe de voto en Galicia non chegou ao 10%. 

 

 

De feito, outra enquisa publicada a principios de mes, a de Sigma 2, mostra ao BNG con dous deputados, do mesmo xeito que na onda anterior. O PP manteríase á alza pasando de 13 a 15 e o PSOE pasaría de 7 a 6. Sumar desaparecería do mapa electoral galego no Congreso dos Deputados.  

 


Por último, SALF en Galicia segue con datos moi pobres, tan ínfimos que non salgue na enquisa a nivel galego de 40db, consultora que lle dá un 1,8% a nivel estatal.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE