O SERGAS busca cubrir 100 prazas de difícil cobertura, entre elas 32 pediatras

Das 123 prazas, un centenar son de difícil cobertura: 41 pertencen a diferentes categorías de facultativos especialistas en hospitais comarcais, 32 son de pediatra de atención primaria e 27 son de médico de urxencias.


|

Archivo - Personal del Sergas.
Foto: EP

 

O Diario Oficial de Galicia (#DOG) publica este martes os decretos de dúas novas ofertas de emprego público con 123 prazas de persoal estatuario do sistema público de saúde e persoal sanitario funcionario, un centenar das cales son postos de difícil cobertura do Sergas.
 


Destas 100 prazas de difícil cobertura en centros sanitarios, 41 pertencen a diferentes categorías de facultativos especialistas en hospitais comarcais, 32 son de pediatra de atención primaria e 27 son de médico de urxencias. Do total de prazas, sete delas estarán reservadas á quenda de discapacidade xeral.
 


A Xunta indica que con esta oferta complementa a aprobada a través do Decreto 52/2025, de 23 de xuño, e esgota a taxa máxima de reposición de efectivos autorizada pola lexislación básica do Estado, que é do 120%, ao tratar dun sector prioritario.
 

Un tercio de los pacientes infantiles no son atendidos por un pediatra
Foto: EP


Por outra banda, hai unha convocatoria de 23 prazas para diversas categorías de saúde pública. O sistema será de concurso-oposición e baixo criterios de libre concorrencia e mérito. En concreto, a oferta é de: 10 prazas de subinspector sanitario (unha reservada a discapacidade), sete de inspector médico (unha para discapacidade), cinco de farmacéutico inspector de saúde pública e unha de licenciado en ciencias biolóxicas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE