Permanecen ingresados no CHUAC os brigadistas de Oímbra de 18, 23 e 25 anos con queimaduras graves
Aínda que todos están graves, os doutores afirman que evolucionan favorablemente.
Dous do tres brigadistas feridos en Oímbra (Ourense) e que sofren queimaduras de distinta consideración evolucionan favorablemente, aínda que todos están graves, segundo o último parte médico facilitado polo complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac).
O tres están na Unidade de Queimados do centro hospitalario. No caso do máis novo, de 18 anos, ten queimaduras de terceiro grao con afectación no 40% do seu corpo. Presenta intoxicación por inhalación de fume e está estable con prognóstico moi grave.
O mozo de 23 anos ten queimaduras de segundo grao con afectación no 15% do seu corpo. Tamén presenta como os demais intoxicación por inhalación de fume e evoluciona favorablemente con prognóstico grave.
Por último, o brigadista de 25 anos ten queimaduras de segundo grao con afectación no 15% do seu corpo. Está estable con prognóstico grave.
Escribe o teu comentario