Segue a baixada da covid en Galicia pero os hospitalizados aínda están ao redor dos 150

O Servizo Galego de Saúde (#Sergas) notifica este sábado tres falecidos con Covid-19 máis, así como un descenso dos casos activos até os 1.427 (-54), dos hospitalizados, até os 157 (-6), e dos contagios notificados nas últimas 24 horas, 85 (-20).


|

As curvas das incidencias acumuladas, tanto a semanal como a bisemanal, seguen presentando unha clara tendencia de descenso desde o pequeno pico sufrido a mediados de outubro. Os  niveis de transmisión seguen sendo notables, pero nada que ver cos contagios masivos do principio do verán.

 

E0E5V incidencia acumulada a 7 d as en galicia (7)

Con todo, hai que ter en conta que só contan os positivos a maiores e vulnerables, polo que a transmisión pode ser moito maior no conxunto da poboación. A tendencia á baixa que se aprecia no grupo ao que se lle fan probas pode estar influenciada pola dose de reforzo inxectada este outono, que limitou a cantidade de galegos que teñen síntomas e que necesita hospitalización por coronavirus.

 

A curva da derivada de casos activos confirma que estamos nunha fase de melloría, pois desde unha perspectiva semanal, cada día hai ao redor dun 2% de casos activos menos. 

 

 

 

Iso si, a covid-19 segue constituíndo un problema notable de saúde pública. Os datos globais para o conxunto de infeccións respiratorias agudas en España indican que case hai tantos positivos de gripe como de coronavirus. Ademais, a covid-19 provoca unha taxa de hospitalización que a gripe. A cifra de hospitalizados por covid en Galicia segue sendo relevanve, este outono está a moverse na contorna dos 150.

 

 

 

 

O Servizo Galego de Saúde (#Sergas) notifica este sábado tres falecidos con Covid-19 máis, así como un descenso dos casos activos até os 1.427 (-54), dos hospitalizados, até os 157 (-6), e dos contagios notificados nas últimas 24 horas, 85 (-20).
 

 

 

 

 

 

 


O tres óbitos notificados por Sanidade nas últimas horas aumenta o cómputo global até os en 3.975 falecidos desde que comezou a pandemia de Coronavirus. Por contra, curáronse un total de 681.796 galegos, resume Europa Press.

No que respecta aos casos activos, é dicir, persoas que actualmente atravesan a enfermidade, baixan en máis de medio centenar, até os 1.427, de acordo cos datos publicados este sábado, actualizados ás 18,00 horas do venres.

A baixada é practicamente xeneralizada, con tan só unha excepción: a área de Pontevedra, onde soben as infeccións activas até as 140 (+3).

Descenden, con todo, na área sanitaria da Coruña, a 285 (-4); en Ourense, a 268 (-6); en Santiago, a 175 (-5); en Vigo, a 282 (-19); en Lugo, a 151 (-15); e en Ferrol, a 125 (-9).

En canto aos hospitalizados covid, baixan en todos os distritos sanitarios menos na área de Santiago, onde aumentan até os 20 (+1); e na da Coruña, onde se incrementan até os 54 (+3).

Nas restantes, diminúen os ingresados na área de Ferrol, a sete (-2); en Pontevedra, a oito (-1); en Ourense, a 26 (-3); en Lugo, a 12 (-1); e en Vigo, a 30 (-3).

Por último, o Sergas detectou nas últimas 24 horas un total de 85 novos positivos en Covid-19, 20 menos que na xornada anterior. De todos eles, a área de Vigo concentra 17 casos; seguida pola da Coruña, con 16; Pontevedra, con 12; Ourense, Ferrol e Santiago, con 10 cada unha; e Lugo, con nove.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE