A Xunta asumirá o 60% da subida do canon de Sogama, pero volve sinalar a Pedro Sánchez como culpable
Alfonso Rueda avanzou a decisión despois de meses de polémica e cos concellos en pé de guerra por esta medida que consideraban abusiva. Desde Sogama manifestaron a este diario que se se retiraban os impostos estatais retiraríase tamén o incremento do canon.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este mércores que será o Goberno autonómico o que asumirá "o 60 por cento" dos 42 euros que subirá --de 66 a 108-- o canon que pagan os concellos á Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) pola xestión do seu lixo.
Nun debate coa portavoz nacional do #BNG, Ana Pontón, na primeira sesión de control do Parlamento galego do novo período de sesións, Rueda avanzou que a Xunta "vai transferir" esta contía ás arcas municipais para que os galegos "non teñan que pagar polas decisións de Pedro Sánchez".
Desta forma referiuse o presidente á subida dos impostos estatais que gravan os vertedoiros e a incineración, como consecuencia dunha directiva europea aprobada en 2018.
Escribe o teu comentario