O reloxo corre contra Jácome e o Concello de Ourense, incapaz de renegociar o proceso de estabilización

Os sindicatos reiteran que xa hai un acordo que obriga ao goberno local a concluír o proceso antes do 31 de decembro.


|

Archivo - El alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, interviene durante una rueda de prensa, en el Ayuntamiento, a 10 de mayo de 2023, en Ourense, Galicia (España). El alcalde presentó una denun
Arquivo - O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome

 

As follas do calendario van voando e cada vez quedan menos páxinas no taco deste 2024. Restan pouco máis de 100 días e no Concello de Ourense queda moito traballo por facer, especialmente no relativo ao proceso de estabilización de emprego prometido e que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome leva pospondo desde hai moito tempo. Os últimos cartuchos parece que se gastaron hoxe durante a mesa xeral de negociación, onde os sindicatos, de forma unánime, dixeron "non" á renegociación proposta.

 

#CIG, CSIF, UXT, CC.OO. e S.P.P.M.E., como informa a xunta de persoal, declinaron renegociar un proceso de estabilización que, reiteran, "non existe". "Xa está todo negociado. O que o noso alcalde quere é impor e facer o que lle dá a gana", consideran desde a xunta de persoal nunha nota emitida na que "agradecen" (con toda a ironía do mundo) aos "técnicos municipais que lle brindan ao noso alcalde un excelente asesoramento en favor de todos os traballadores e traballadoras do Concello".

 

O tempo aprema no consistorio auriense porque, como indicaron desde Comisións Obreiras a este medio en máis dunha ocasión, o proceso de estabilización debe cristalizar antes do 31 de decembro, data na que vence o prazo. 

 

DENUNCIAS E OPOSICIÓN

"Estamos fartos que desde a alcaldía fagan o que lles da gana, sen contar cos sindicatos, por exemplo, os nomeamentos a dedo, que están no xulgado denunciado por CC.OO. ou, por exemplo, impedir ao persoal interino e laboral acceder ao concurso do plan de estabilización de emprego do Concello de Ourense, que está aprobado en Mesa de Negociación e publicado no BOP o 31-12-2022", lembraban a este diario o pasado mes de xullo, aventurando máis recursos ante a Xustiza.

 

"Preocúpanos a parálise e o engano", recoñecían entón os afectados, chamando a Jácome a cumprir coa Lei do Goberno de España. De feito, o mes pasado Luís Seara, portavoz do #BNG no Concello, cuestionaba os cambios propostos polo goberno municipal.

 

"O que pretende o alcalde é distorsionar a realidade: por unha banda, modificar un proceso de estabilización que se está dando en todas as administracións, especialmente no que ten a ver en caso de empate, por outro, introducir a RPT cando nada ten que influír neste proceso", censuraba Seara, entendendo que "a modificación das bases pretende, de modo directo, unha modificación encuberta dos criterios de desempate para acceder a un posto laboral xa ocupado por persoal de longa duración".

 

Non só os nacionalistas cargaron contra Jácome neste capítulo, senón que os socialistas tamén interpretan que os movementos dados por DO buscan cambiar por completo pactar. "Parece que pretende cargar o proceso de estabilización e sacar adiante unha nova RPT delirante mentres é incapaz de pór en marcha unha OPE decente e axeitada ás necesidades de Ourense", comentaban desde o grupo do PSdeG.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE