O presidente da Mesa e a tiktoker Sara Seco, investigados por defender a un cidadán que pedía atención en galego

A Policía Local de Rianxo denuncia a ambos por "inxurias" mentres os investigados piden á Delegación do Goberno "formar aos corpos policiais en dereitos lingüísticos".


|

El presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, ofrece una rueda de prensa sobre la encuesta del uso del gallego publicada por el IGE
Marcos Maceira e Sara Seco

 

Talvez moitos lembren o caso dun veciño de Rianxo que se viu inmerso nun longo proceso xudicial por demandar ser atendido en galego no seu centro de saúde. As reclamacións do afectado derivaron nun xuízo marcado polas irregularidades da investigación por negar a validez dos testemuños dos veciños que contradicían a versión policial. Un caso que se resolveu coa rebaixa da sanción imposta nun primeiro momento pero que agora ten unha ramificación que afecta á plataforma que asesorou ao damnificado, A Mesa pola Normalización Lingüística

 

 

E é que o seu presidente, Marcos Maceira, e a tiktoker Sara Seco, que colabora de forma activa coa Mesa, están a ser investigados polo Xulgado de Padrón por mor da denuncia presentada pola Policía Local de Rianxo, que acusa a ambos de "inxurias" contra os axentes. De todo iso informan desde a plataforma, onde trasladan a "absoluta tranquilidade" dos investigados, que con todo descoñecen máis detalles sobre esta denuncia xa notificada.

 

Todo isto ocorre tras a difusión da sentenza xudicial que non consideraba probada a "alteración grave da seguridade cidadá" que alegaba o corpo de Rianxo. Tanto Maceira como Seco argumentan que todas as declaracións que fixeron até agora sobre a Policía Local de Rianxo están baseadas "na literalidad da denuncia policial". onde se reflicte que a propia traballadora do centro de saúde nega a atención en galego ao veciño de Rianxo, unha obrigación que ten todo empregado público. 

 

Extracto da denuncia, do que se infire que a Policía Local de Rianxo omitiu informar verazmente un cidadán sobre o deber legal do empregado público de “garantir a atención aos cidadáns na lingua oficial” da súa escolla (artigo 74, apartado s) da Lei 2/2015 de 29 de abril, do emprego público de Galiza. Artigo 54, apartado 11, da Lei Básica do Funcionario Público.

 

De feito, nese mesmo documento, a xuízo da Mesa, "inférese que a Policía Local de Rianxo omitió informar verazmente a un cidadán sobre o deber legal do empelado público de garantir a atención aos cidadáns en lingua oficial", como é o caso da lingua galega. 

 

FORMACIÓN EN "DEREITOS LINGÜÍSTICOS"

Agora os dous investigados agardan a que avance a investigación, na que pretenden aclarar as motivacións da Policía de Rianxo para non ser informada debidamente dos seus dereitos. O colectivo considera "intolerable" que "calquera forza pública, incluída a Policía Local de Rianxo, descoñeza ou obvie a lexislación en materia de dereitos lingüísticos e, en consecuencia, non preste información veraz aos cidadáns". 

 

 

 

"E é alarmante que o Ministerio do Interior, a Consellaría de Presidencia da Xunta e a Delegación do Goberno consintan isto e non fagan nada ao respecto, dado que estamos ante a conculcación de dereitos fundamentais", reprenden, á vez que avanzan contactos co Delegado do Goberno en Galicia para que se tomen medidas e "formar aos corpos policiais en dereitos lingüísticos".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE