Unha pedra despréndese dunha casa en ruínas e mata a un home de 63 anos en Melón (Ourense)

A vítima traballaba co seu tractor nunha leira próxima cando a roca lle caeu encima. Ocurrión ao redor das 12:30 horas preto dunha igrexa en Quins. 


|

Archivo - Imagen de un helicóptero medicalizado.
Foto: EP


 

Un home de 63 anos morreu no mediodía deste xoves en Melón (Ourense) ao caerlle encima unha pedra, proveniente dunha casa abandonada, mentres traballaba cun tractor nunha leira.

Segundo informan o 112 Galicia e fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press, ocorreu pouco antes das 12.30 horas preto dunha igrexa en Quins . Foi un particular quen chamou á central de emerxencias para alertar deste accidente.

Seguidamente, pasouse o aviso aos bombeiros do Carballiño e a Urxencias Sanitarias-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén tiveron coñecemento do suceso o GES de Ribadavia, a Garda Civil e Protección Civil de Melón.

A pesar de que os bombeiros conseguiron liberar ao sexagenario, xa estaba falecido, sen que se puidese facer nada por salvarlle a vida.

Ademais, estes efectivos están a asegurar a zona para poder evacuar o corpo, pois a estrutura da casa é moi inestable e aínda hai risco de derrubamento.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE