Accidente mortal en Sada: falece un pescador de 76 anos ao precipitar co seu coche desde o peirao

Varias testemuñas trataron de rescatalo do interior do vehículo, liberándoo con éxito, pero os equipos de emerxencia non puideron reanimalo.


|

GX012V8W0AAhlpV
GX012V8W0AAhlpV

 

O porto de Sada viviu este xoves unha mañá tráxica despois de que J. M. R. C., de 76 anos, perdese a vida ao caer co seu coche desde o alto do peirao nun suceso que ocorreu ao redor das 9 horas e no que, a pesar da rápida intervención das testemuñas, nada se puido facer por salvar a vida ao sinistrado.

 

As chamadas ao 112 sucedéronse nada máis caer o coche á auga, con varias persoas dando aviso do ocorrido. Un pesqueiro mesmo acudiu ao auxilio e entre varias persoas conseguiron sacar ao único ocupante do turismo do interior do vehículo. Tristemente, os equipos de emerxencias desprazados ao lugar trataron de reanimar ao afectado, sen que puidesen facer nada por salvarlle a vida. 

 

As testemuñas relatan a acción heróica dos homes que se lanzaron ao mar a tratar de rescatar ao septuaxenario, forzando a porta do coche para sacar o corpo do vehículo nunha manobra complicada que, no entanto, non serviu para socorrer ao home, un pescador coñecido na zona. As primeiras pescudas apuntan a un erro humano como motivo do sinistro. 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE