A Deputación de Ourense abrirá unha sede en Valdeorras

A Deputación de Ourese comprou un edificio na Rúa que será a súa nova delegación na comarca de Valdeorras, co que pretende "seguir avanzando na proximidade aos veciños"


|

Manuel Baltar (Presidente Dá Deputación Ourense) Acompañado De Álvaro Fernández (Alcade Do Concello Dá Rúa) Revisan Vos Planos Dá Nova Sede Dá Deputación Ourense Para A Comarca De Valdeorras, Que
Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, reuniuse con Álvaro Fernández, alcalde da Rúa para coñecer os detalles do proxecto

A Deputación de Ourense ultima a súa nova sede en Valdeorras coa compra dun edificio no municipio da Rúa situado entre as rúas Progreso e Benito Fernández. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, indicou que este proxecto supón para o goberno provincial "seguir avanzando en proximidade cos veciños e reforzar a eficacia administrativa".

 

Manuel Baltar resaltou nunha reunión co alcalde de A Rúa, Álvaro Fernández, a importancia que ten para a poboación do municipio ter unha sede da deputación na zona: "Será, sen dúbida, un útil punto de encontro e atención aos veciños e aos municipios de toda a comarca, así como unha poderosa forma de reforzar a alianza da Deputación de Ourense cos colectivos sociais, empresariais e culturais".

Doutra banda, o presidente provincial tamén destacou que esta nova sede é "fundamental para que os servizos públicos sigan gañando en calidade e en proximidade con axentes públicos e privados". Respecto ao inmoble, os técnicos da Deputación de Ourense xa teñen perfilado o proxecto previo para a reforma, rehabilitación e deseño dos espazos interiores da nova sede.
 

Esta delegación da Deputación de Ourense pretende reforzar os servizos que a administracion provicial presta en Valdeorras, ademais de ser un axente dinamizador de toda a comarca. "Valdeorras é un motor fundamental do noso territorio, un pivote máximo da nosa economía. Neste contexto, e ante un futuro cheo de oportunidades, esta sede será un importante apoio para avanzar no dinamismo do territorio", indicou o presidente provincial.

Para finalizar, Baltar lembrou que a activación desta delegación é unha das medidas contempladas no Plan de Mandato 2019-2023. Ademais, reivindicou que son un goberno cunha visión "integral" da provincia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE