Un novo crime de guerra de Donald Trump e os seus oligarcas

Manoel Barbeitos
Economista

 


 

Maduro detenido
Maduro detenido


 

Non lle deamos máis voltas: o ataque dos Estados Unidos a Venezuela e o secuestro de Nicolás Maduro é un crime de guerra. Un novo atentado da Administración Trump e os seus oligarcas ao dereito internacional e a convivencia pacífica entre os pobos. Un novo atentado que confirma como a administración republicana intenta, apoiándose no seu poder militar, establecer unha nova orde mundial na que eles seguirían marcando as regras para todos.

 

Unhas regras que no caso de Latinoamérica implican volver á doctrina Monroe de “América para os americanos”, que é como dicir para os Estados Unidos. Porque contra o que se pode pensar, a razón principal desta criminal acción militar estadounidense non é lograr o control do petróleo venezolano, senón o de frear o avance chino -e ruso- en Latinoamérica convertendo esta rexión no seu patio traseiro. Nas últimas décadas o comercio e os investimentos chineses en Latinoamérica multiplicaronse exponencialmente, con gastos millonarios en infraestructuras, enerxía e comercio, ofrecéndolle así China a estes países unha alternativa distinta á dependencia secular dos Estados Unidos e Europa.

 

A administración Trump, e os oligarcas que o apoian, son conscientes do declive dos Estados Unidos como imperio. Que a batalla industrial e comercial con China téñena perdida, que a posición do dólar como única divisa internacional tamén corre serio perigo, polo que a maior -e prácticamente única- arma que teñen os Estados Unidos para impedir este avance chinés, e manter o seu liderado, é o seu enorme potencial militar co que intentan e seguirán intentando frear o aparentemente imparable avance chinés nos mercados mundiais “quitándolle” o maior número posible de aliados comerciais. Neste caso Venezuela.

 

Que vai pasar agora? Difícil predicilo por que nin Venezuela é Iraq nin Latinomérica é Oriente Medio. En primeiro lugar está por ver cal será a reacción dun pobo venezolano que se con Nicolas Maduro estaba dividido, agora seguramente o estará máis e máis radicalizado polo que o risco dunha guerra civil non é rexeitable. Pero o impacto chegará a toda Latinoamérica cuxos gobernos veranse obrigados a tomar partido, o que fará aínda máis inestable unha rexión xa de por si moi golpeada por múltiples factores desestabilizadores. Tamén Europa, a Unión Europea -á que Donald Trump despreza e praticamente ignora- sufrirá o impacto. Como vai aquela afrontar agora, nesta nova situación, a invasión rusa de Ucraína? A guerra neste país puxo en evidencia que a Unión Europea por si soa non está en condicións de facelle fronte a Rusia, que precisa do apoio loxístico e armamentístico da OTAN que é o mesmo que decir dos Estados Unidos quen, agora, como resulta previsible, vaille esixir que apoie a súa acción terrorista en Venezuela. Neste caso, seguirá a Unión Europea “bicándolle o cu” a Donald Trump como este presumíu no seu día? Todo é posible.

 

Pero o que é certo e que o pobo venezolano vai sufrir en primeira filas as consecuencias deste novo crime de guerra de Donald Trump e os seus oligarcas para quen a paz e a convivencia pacífica non están na súa axenda.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE