Unhas dereitas ás que manca finezza

Manoel Barbeitos
Economista

 

EuropaPress 6342706 presidente generalitat valenciana carlos mazon interviene sesion plenaria
EuropaPress 6342706 presidente generalitat valenciana carlos mazon interviene sesion plenaria

 

 

Filamentos de infamia que embarran o que tocan"

Xulia Otero


 

Na semana que coincidiu coa celebración do cumio climático (COP29) en Azerbaixán púxose en evidencia, coas axendas medioambientais enriba da mesa, como as dereitas españolas (PP e Vox) camiñan polo escenario sen outros principios e outra ideoloxía que derrubar como sexa o goberno español de quenda (PSOE/Sumar). Mesmo poñendo de manifesto que carecen dun mínimo proxecto con relación á crise medio ambiental que, como se puido comprobar coa DINA en Valencia, vainos golpear repetidamente. Algo que por tratarse duns partidos políticos que aspiran a gobernar non deixa de ser moi preocupante.


 

De circo e de espectáculo cualificaron non poucos medios europeos a campaña do PP contra o nomeamento de Teresa Ribera como Vicepresidenta Executiva da Comisión Europea para unha Transición Limpa, Xusta e Competitiva e Comisaria Responsable de Competencia. Unha campaña que tiña dous obxectivos: o primeiro tapar o desastre (mais de 225 mortos) da xestión da DINA por parte de Carlos Mazón (PP), tal que tivo eco na prensa internacional. O segundo, impedir o indiscutible éxito que para o goberno español de turno (PSOE/Sumar) supón ese nomeamento pois sitúa a exministra nun lugar de moita relevancia dentro da poderosa Comisión Europea. Unha campaña política que como sabemos saíu mal: unha derrota máis das dereitas españolas! O barullo volveu a quedar en nada.


 

Ambos os dous casos son un exemplo indiscutible de que estamos diante duns partidos (PP, Vox) aos que “manca finezza”. Por que? Repasemos, por caso, a actuación do partido maioritario das dereitas (PP) na xestión da DINA e comprobaremos como carece dunha estratexia de amplo percorrido. Non só se trata de que teña asumida a ideoloxía negacionista do cambio climático, que tamén, senón de que a súa irresponsable actuación diante do enorme impacto que tivo a citada gota fría no territorio e na poboación valencianos puxo en evidencia a carencia dun principio mínimo de solidariedade e empatía con esta última que foi substituído primeiro por unha batalla interna dentro do PP (entre o Presidente da Comunidade Valenciana, señor Carlos Mazón, e o Presidente do Partido Popular, señor Nuñez Feijoo) para logo, asustados pola multitudinaria manifestación habida na súa contra e seguindo coa sua campaña lameira de desgaste do goberno español de quenda, intentar desviar a atención e culpabilizalo do que era froito da inanición e a incompetencia do Goberno valenciano (PP). Un relato que, por certo, o presidente da Junta de Andalucia, señor Moreno Bonilla tamén do PP, tiraría por terra ao enfrontar de xeito moi distinto o impacto da DINA na súa comunidade.


 

En relación aos estériles intentos de impedir o nomeamento da señora Teresa Ribera, incidir no sinalado anteriormente, da total “manca finezza” das dereitas españolas ao poñer os intereses partidistas por riba dos intereses do estado. Por que situar no cumio da Comisión Europea a Teresa Ribera, que é unha política moi competente e capaz, debería ser avaliado como un triunfo da política española e non dun partido. Como unha pequena esperanza de poñer un certo freo a esta tolemia produtivista e consumista que, como demostran fenómenos como o da DINA, nos está levando ao suicidio.


 

Señores das dereitas: senza finezza, all´íncirca.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE