A situación na que está a vivir o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, non é agradable: non hai semana que teña un día de tranquilidade. Ser o xefe do Goberno non é tarefa fácil en si mesma, máis aínda cando non se conta coa maioría absoluta para poder sacar leis adiante, ou cando os partidos que lle dan soporte, varios neste caso, non son bos compañeiros de viaxe. Cando só prima o interese individual ao dar o apoio ao Goberno todo convértese nun mercadeo puro e duro. O que traducido é unha constante chantaxe que non deixa paso á tranquilidade que se necesita para poder gobernar. É un sinvivir político e persoal o que ten o presidente do Goberno. Si a iso engádeselle a chulería da que fai gala o inquilino da Moncloa con respecto á oposición, que en máis dunha ocasión transfórmase en prepotencia, mesmo en desprezo, a verdade é que Sánchez debe durmir pouco polas noites, aínda que os seus compañeiros con cargos déanlle palmaditas e díganlle o ben que o está facendo.
O partido maioritario da oposición, o PP, non é que estea a xogar ben as súas cartas cando a maioría das veces a súa estratexia baséase na confrontación co Goberno, e os vaivéns ideolóxicos nos que está metido constantemente. Feijoo, cando estaba en Galicia ocupando a presidencia do goberno galego, de face a fóra tiña unha imaxe de político moderado, mesmo se podería dicir que de centro con matices. Madrid non é Galicia, e as presións dos sectores do seu partido obrigáronlle en demasiadas ocasións a balancearse. Iso deu unha imaxe de falta de liderado porque segundo sopraba o vento inclinábase máis á dereita, mesmo máis á dereita da dereita. Eses bandazos non son bos, Se lle engadimos tamén que ten a Tellado e Gamarra como “cans de presa”, a cousa complícase máis aínda. A Feijoo, como a Sánchez, non hai semana na que non se lle produza unha lea interna ou meta a pata en máis dun tema. Iso complícalle as cousas, ben é certo que tal e como o están facendo os socialistas, ten a vantaxe de sacar rédito político. Niso anda metido todo o tempo.
A inmigración, o exilio en España do gañador das eleccións en Venezuela, Edmundo González, está a ser un novo elemento de confrontación que utilizan os populares, o mesmo que o financiamento “singular” para Catalunya, a aprobación dos orzamentos, sen esquecer do tema da amnistía e outros. Agora toca o financiamento, onde os presidentes de comunidades autónomas gobernadas polos populares fixeron unha fronte común para lerlle a cartilla a Sánchez, quen, nun intento de tranquilizalos, pero tamén de dividilos, botou a cana de condonar a débeda e recibir presidente por presidente en roldas bilaterais para falar de todo, menos do financiamento que é o que lles interesa a eles.
Este venres empezou a rolda en Moncloa, onde se entrevistaron con Sánchez e segundo contan os que xa se reuniron, non hai concrecións, senón palabrería e boas palabras.
Os populares non queren reunións bilaterais, senón multilaterais. Para eles, o mellor escenario é a Conferencia de presidentes que Sánchez ten previsto convocar dentro de moi poucas datas. Claro que segundo lles dixo a Conferencia é para falar de vivenda e non de financiamento. No entanto, o PP pode pedir que se incorpore o financiamento nun novo punto na orde do día, xa que conta con máis do 10% dos presidentes como é preceptivo para facelo. Situación que, de producir, vai ser moi incómoda para o convocante e pode traer, como está a suceder, máis polémica. O financiamento, ou a cota catalá non é un tema menor, aí Feijoo ten materia para seguir dándolle cana ao Goberno. É un tema moi importante que dá percorrido e hai moita xente que non aproba a decisión dos socialistas, por moitas enquisas que faga Tezanos que sempre lle son favorables ao goberno... Dicía Unamuno que “volve cara atrás a vista camiñante, verás o que che queda de camiño”. Non van ser boas semanas para Pedro Sánchez coas leas acumúlanselle sen atopar solución, cando a que ofrecen non é precisamente a mellor.
Escribe o teu comentario