Estamos fartas

Asunción Maus
Secretaria general de SATSE en Galicia

Diplomada en Enfermería na Universidade de Vigo na EUE Meixoeiro en 1995.

Enfermeira no Sergas, con experiencia nos ámbitos de Atención Primaria e Especializada desde o ano 1995. Na actualidade é a secretaria provincial de SATSE en Ourense e secretaria xeral de SATSE en Galicia.

As enfermeiras somos a gran forza laboral da sanidade e este 8M queremos denunciar a discriminación e brecha de xénero laboral que sufrimos. 

 

A nosa profesión estivo marcada historicamente polos condicionantes de xénero. O acto de coidar foi sempre visto como algo propio da natureza feminina, sen outorgarlle valor produtivo, nin profesionalismo, o que provocou  que a profesión enfermeira sexa, desde as súas orixes, pouco valorada, pouco recoñecida e pouco prestigiada.  

 

A nosa formación e competencias creceron, pero non así o fixeron  os nosos dereitos laborais e os nosos salarios.  

 

Desde fai máis de quince anos sufrimos a discriminación de estar incluídas nunha  clasificación profesional que non é a que corresponde á nosa formación  académica, mentres outras profesións co mesmo nivel de titulación están nunha  categoría superior. Non podemos acceder a postos de xestión, dirección de  alto nivel e a grupos de investigación ou docencia. Non podemos liderar nin decidir sobre o noso propio ámbito competencial. 

 

Esiximos unha nova clasificación profesional que reflicta a nosa formación, competencias e capacidade de liderado e que leve, ademais, unha retribución xusta e equitativa. 

 

Ser unha profesión maioritariamente feminina tamén é un factor que influíu  en que aínda non poidamos acceder á xubilación anticipada voluntaria.  

 

Outras profesións eminentemente masculinas xa o conseguiron hai tempo porque sempre se vinculou a penosidad laboral coa dureza puramente física das condicións de traballo, asociadas xeralmente a profesións maioritariamente masculinas. Pola contra, as condicións de dureza  psicolóxica e os numerosos riscos de todo tipo aos que estamos expostas  de maneira permanente non son recoñecidas. 

 

Sufrimos tamén estereotipos sexistas e retrógrados, dificultades engadidas para poder conciliar a vida profesional e persoal e maior número de agresións  físicas ou verbais no desempeño do noso traballo. 

Ante esta realidade, estamos fartas da falta de apoio institucional e das  promesas políticas que nunca se cumpren. 

 

Tamén de que nos dean longas confiando en que deixaremos de insistir ou que virán outros novos responsables públicos que se farán cargo dos problemas que temos. Non o imos a consentir máis. 

 

Mobilizámonos o 8M nos nosos centros de traballo para reclamar unidas que teñamos os mesmos dereitos, condicións e oportunidades.

 

Esiximos, en definitiva, un cambio estrutural que recoñeza e valore adecuadamente o noso traballo no sistema de saúde, e non nos deteremos  até conseguilo. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE