A campaña autonómica vaise ás feiras en busca de froita

Óscar de Souto
Escritor

Escritor nado en Cabana de Bergantiños, administrador de Noticias Bergantiños, A Costa Verdescente e Poesía Galega Ceibe, entre outras páxinas e grupos. Actualmente é locutor do programa radiofónico Faros de radio Roncudo Corme e colabora como redacción para 21noticias.com na Comarca de Bergantiños, ademáis é articulista de opinión na prensa dende hai varias décadas. (foto de Arquivo AELG - distrito Xesmar)

Screenshot 20240209 133539 Facebook
Screenshot 20240209 133539 Facebook

Onte daba a sorpresa o señor Alberto Nuñez Feijoó que aínda non entendo moi ben que facía no Concello de Carballo falando co frutero de variedades de mazá. Si eran golden ou eran tabardillas. Fai non moito estaba en Madrid de Líder do PP baballoando sobre referendos e Puigdemont con Ayuso e o seu fachosfera. Señor Feijoó, “amigo dun cun barco”, en Carballo goberna o BNG de Carballo desde tempos que se perden na memoria e o Señor Alcalde Don Evencio Ferrero xa era líder e fundador da “Asociación de Veciños de Carballo” antes de que eu nacese. Se o Señor Nuñez Feijóo quería saber algo sobre o agro ou sobre as feiras locais, ou mesmo interesar polo estado actual das 18 parroquias deste municipio galego…. por que non preguntoulle a Don Evencio ? , xa que, Don Evencio, leva toda a súa vida preocupar polos veciños carballeses, todos os días do ano e, non como vostede, Señor Feijoó, que só foi a Carballo a sacar unha fotito de campaña do 18feb2024 . Que pena !!!!!!
 

A Pontón gústalle a froita

Que hoxe apareza a señora Ana Belén Pontón Mondelo do “Bloque e amigos” noutra foto, tipo pousado-roubado, penetrada nun posto de froita, cal placera carballesa, con luvas e mandil, indica moi pouca imaxinación pois nesta campaña, excepto Podemos Galicia de Isabel Faraldo, moito máis centrada no seu discurso, aínda que perda, pero os demais partidos van a rebufo de todo o que faga e diga Don Rueda e os seus afíns. Sen asesores e sen ideas novas pretenden cambiar a política galega copiando dos dinosauros da dereita que tiveron un mestre ao que non ma atrevo nin a nomear. A noticia hoxe é que tanto PP como BNG...gústalles a froita. E a mellor véndena na feira de Carballo, iso xa o sabe todo o mundo. A Ana Pontón anúnciana en prensa nun mítin en Laxe de incógnito pois ninguén na militancia sabe ainda desta hora nada sobre esta noticia.

….

Este domingo 11 de febreiro tocoulle ao mismísimo Santiago Abascal, de Vox, pasar tamén pola feira de Carballo sen moita froita que lle interese pero con palabras que resoan altos e clarasLa campaña autonómica vaise ás feiras en busca de froita


 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE