Aberta a veda das subvencións en Galicia

Óscar de Souto
Escritor

Escritor nado en Cabana de Bergantiños, administrador de Noticias Bergantiños, A Costa Verdescente e Poesía Galega Ceibe, entre outras páxinas e grupos. Actualmente é locutor do programa radiofónico Faros de radio Roncudo Corme e colabora como redacción para 21noticias.com na Comarca de Bergantiños, ademáis é articulista de opinión na prensa dende hai varias décadas. (foto de Arquivo AELG - distrito Xesmar)

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, comparece tras el Consello.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda

 

A precampaña autonómica empezou marcada polos selfies e memes do Toconao e a derivado facía un anuncio masivo de subvencións a aqueles colectivos que adoitan votar ou poden votar en contra do PP de Galicia.

 

Non tería moita lóxica política subvencionar ás persoas maiores con poucos recursos ou que sobreviven con pagas que non chegan nin a metade do mes pois o colectivo máis senior é fiel ao seu voto regalado á dereita mentres que os votantes do exterior adoitan ser un pouco máis “izquerdosos”, por este motivo, a roda imparable de Rueda anuncia aos catro ventos toda clase de medidas para fomentar en retorno daqueles que escaparon da Galia por motivos moi duros e diversos, queren comprar o seu voto, co diñeiro de todos é moi sinxelo regalar promesas como a volta ao terruño. 

 

É evidente que a conexión telefónica do exterior cos familiares de aquí xogará un papel decisivo na elección final desa decisión tan importante para o futuro 18F. Cun cheque de 550 euros pretende a Xunta resolver todos os problemas do sector marisqueiro galego coa esperanza de que ese sexa o prezo de cada papeleira nestes comicios. 


Vólvese a esquecer dos máis desfavorecidos pois son conscientes na fachosfera galega de que non será determinante o votante en situación de exclusión social pois até entre os máis desatendidos existe un amplo electorado derechoso, aínda que pareza ilóxico, pero os motivos persoais que animan ás persoas a elixir unha cor ou outro é un misterio difícil de comprender. 


As enquisas reflicten a lóxica subida da señora Pontón, do BNG, que se presenta apoiada polos refuxiados de guerra escapados de Sumar ademais da súa nova imaxe de triunfadora anticipada, son moito de pór o carro antes dos bueyes, non vos estrañedes, o trastazo vén o día despois do reconto. Doutra banda a imaxe moderada do Señor Besteiro e a súa boa planta suman algo máis nos prognósticos, a pesar de que as súas promesas non están sustentadas de forma sólida en ningún proxecto real e firme, son as promesas de sempre pero esta vez prométeas o partido que dirixe Madrid con apoio de moitos e ante o asombro de demasiados.


A Podemos, a Sumar, a Vox e a Democracia por Ourense nin os colorean na media lúa das sondaxes, dalgúns, segundo quen os encargue, aínda que a realidade é que presentar, facer campaña, mover ceo e terra, para despois quedar ás portas de Roma é un duro grolo que está moi ben pasar para aprender que as coalicións teñen máis posibilidades que esas aventuras en solitario que poden saír mal ou , quen o sabe, igual temos sorpresa este ano. Os que menos o merecen en moitas ocasións acaban dando na diana.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE