Xunta de Galicia: "Comercial" de...

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

Comercial; RAG: “persoa que traballa para unha organización 
que xera estratexias de promoción e venda dun produto, 
de maneira que poidan chegar o consumidor de forma eficaz. 
Actividade mercantil”.
 

Por definición, dedicar á “pública” ten como obxectivo administrar e xestionar, de maneira hábil e transparente, os recursos públicos, tanto os materiais como os humanos, de maneira que poida satisfacer as necesidades primordiais da sociedade que xestionan. 

 

Sucede isto coa Xunta de Galicia? Creo que non. A administración do PP está agora en disputa cos xuíces galegos, pois non lle dan a razón no tema dos eólicos. Como bo “comercial”, o señor Rueda, pelexa con todas as súas armas para que a xudicatura lle dea a razón en algo que é inxusto pois, neste momento, cubrimos con moito a nosa cota enerxética. E, como alumno avantaxado, implícase de forma intensa na eólica mariña, desprezando aos mariñeiros galegos.
 

Actúa de forma descarada, concedendo autorizacións para minas que son contaminantes dos terreos onde están e da contaminación posterior a través das terras e das augas. Exemplos temos e co perigo de facer fracasar as campañas marisqueiras pola contaminación das nosas rías.
 

Apoian e apoiaron aos lobbies e grandes fortunas, como foi o caso da banca galega: as caixas de aforros foron expoliadas e entregadas a un magnate venezolano con inxentes beneficios, grazas ao bo labor dos gobernos de Feijóo primeiro e Rueda despois.
 

Por que o goberno da Galicia está en contra da Lei de Vivenda? Será porque as grandes inmobiliarias do país poderían perder os enormes beneficios coa especulación existente?

 

...e as eléctricas: non temos máis que lembrar o Sr. Galán, botar encima de Feijóo cando gañou as eleccións. Beneficios por centos, mentres os cidadáns pagan pola electricidade cantidades desorbitadas.
 

E no transporte público? Lobbies acaparan todos os servizos, cunha administración que mira para outro lado ante as desfeitas do día a día nos desprazamentos.

 

En sanidade, a administración do PP se alía coa alta tecnoloxía sanitaria e despreza a contratación de persoal, que é o que máis precisa o sistema...pero con salarios de miseria, inestabilidade e precariedade laboral, dicindo “que non atopan profesionais para cubrir prazas”, co que o desmantelamento está garantido. Así, estamos a ver que a privatización é a estratexia do PPO tema dos aparcadoiros nos recintos hospitalarios, yá é de traca!
 

As residencias de maiores en mans da iniciativa privada e mesmo facendo bandeira de residencias doadas á Pública por Amancio Ortega, que o PP as está “entregando” ao clero e a institucións que só queren un lucro rápido e non a atención de calidade ás persoas maiores. É indecente. Cero residencias públicas en 14 anos de goberno!
 

Oponse á revalorización das pensións segundo o IPC. Incrible pero certo! A súa pretensión é subilas “o 0,25% cada ano”. Vaia miseria! Xa non falemos do Salario Mínimo Interprofesional, que se supón beneficiaría a unha ampla poboación (non a lobbies concrétamente). Pero son así, “é o seu carácter”.
 

Desprezan aos gandeiros galegos cos prezos do leite máis baixos do estado; e igual cos mariñeiros e a industria en xeral. Pero iso si; rebaixan os impostos ás grandes fortunas. Indecente!

 

Se alían co “Camiño de Santiago” e o turismo en xeral, buscando cantidade e non calidade e non respectando os dereitos dos cidadáns por onde pasa ou termina o camiño, que deben “#supeditar” o éxito Rueda.
 

Non falemos dos colectivos LGTBI e da Lei Trans, onde nalgúns lugares que goberna o PP, pretenden cambiar as leis que defenden os seus dereitos.

 

Tanto “respectan” a Autonomía de Galicia que en 14 anos pediron 0 transferencias ao estado!

 

Son capaces de facer de “comercial” de IKEA e promocionar a Tarxeta Benvida e que se gasten o diñeiro público nesta multinacional sueca, desprezando ao pequeno comercio.

 

Poderiamos seguir até o infinitum: patronal do eucalipto, dos xogos de apostas, a CRTVG, o fomento da univerdsidad privada, etc.
 

E sabendo todo isto, hai xente que os vota e conseguiron maiorías. 

Esperemos que nas próximas eleccións, o vento cambie, para ben dos cidadáns galegos!


 

 


 

 

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE