Un setembro nada marabilloso

Carmen P. Flores

Se as vacacións non serviron á sufrida cidadanía para esquecer da política ante a situación que expuña a denominación do candidato a presidir os gobernos de España - agora xa designado polo Rei, na persoa de Alberto Núñez Feijóo- a volta á “normalidade postvacacional segue a mesma liña: Feijóo xa ten asegurados os 172 votos e fáltanlle 4 para saír elixido en primeira “volta”. Se non o consegue, segunda votación na que  o candidato popular podería saír elixido si consegue máis síes que nons. Estamos a falar do 26 e 27 de setembro, que foron as datas  acordadas para a celebración do debate de investidura do candidato Feijóo.. Até esa data, os populares teñen tempo de seguir falando co resto de partidos, incluído Junts - Bildu non- para conseguir convencer a catro deputados máis que déanlles os seus votos.

 

El líder del Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo durante un acto de campaña del PP, a 18 de julio de 2023, en Palma de Mallorca, Mallorca, Baleares (España). El PP ganó en las Islas Baleares en las pasadas elecciones del 28M con 25 escaños frente a los
O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo @ep


Previo á sesión no Congreso, en Catalunya celebrarase o 11 de setembro. A festa nacional está a prepararse como unha xornada moi especial de reivindicacións, pero tamén de reproches contra ERC e o partido de Puigdemont, Junts, polo pacto con socialistas na composición da Mesa do Congreso que estes venderon como un logro polo tema do catalán.


A manifestación da Diada non será nin festival, nin unitaria, verase. No fondo albíscase o posible pacto, se falla a investidura de Feijóo, para facer a Pedro Sánchez presidente dun goberno “progresista”, que debe contar cos votos de bastantes formacións políticas, incluída Junts. O custo desta segunda parte é tan elevado e de dubidosa legalidade que se fai case imposible. Un batiburrillo de peticións que piden, entre outras cousas desde Junts, é a amnistía - á que se sobe  ao carro da mesma Laura Borras condenada por prevaricación. Estarían de acordo no hipotético acordo os independentistas que non son de Junts, incluso os de ERC?


Con todos estes obstáculos, coas diferenzas entre Junts e ERC, os esforzos dalgúns líderes de SUMAR, incluída a mismísima Yolanda Díaz - que en campaña dicía unha cousa e agora outra- para convencer aos de Puigdemont do seu voto, agora dáse o paradoxo de que as cousas non son como querían moitos cidadáns e cidadás que votaron aos socialistas para que Vox non entrase nun posible goberno co PP,  ou para que os socialistas non gobernasen cos votos de partidos independentistas, e agora resulta que ven como os seus votos están a ser utilizados para iso.  A formulación nesta  situación podería ser: Novas eleccións en xaneiro? Algúns as prefiren, incluído o partido de Pablo Iglesias- non Sumar-. Así pediría primarias, cousa que non lle interesa a Yolanda Díaz- Ruptura da coalición? É posible.


Para que todo vaia cadrando máis - a pela é pélaa- o PSOE cede deputados a Junts para que formen grupo propio e SUMAR cede dous deputados a ERC para que tamén teña grupo propio. Así poderán intervir como grupo e percibir o diñeiro correspondente por este motivo.


Setembro sempre fora - e seguirá sendo- o mes da volta ao cole, cos gastos escolares incrementados , os problemas coas prazas de profesores insuficientes, coa depresión da reincorporación aos postos de traballo. Había unha antiga canción que dicía: “Cando chegue setembro todo será marabilloso” que cantaba Gelu,


Setembro será un mes para que pase o máis rapidamente posible para unha boa saúde mental da cidadanía, que non é pouco.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE