Julian Assange: a liberdade de información encadeada

Manoel Barbeitos
Economista

Á espera de que o Tribunal Supremo resolva o recurso interposto pola defensa para evitar a súa extradición aos Estados Unidos, Julian Assange continua nunha prisión de máxima seguridade en Belmarsh (Gran Bretaña), nun encarceramento que xa dura catro anos que, sumados aos que estivo refuxiado na embaixada ecuatoriana en Londres, supoñen "11 anos de tortura" segundo o Informe do Relator da ONU.
 

Días atrás a prensa independente informábanos de que a saúde de Julian Assange empeora por días. Algo que non debería sorprendernos dado o trato inhumano que vén recibindo desde fai máis dunha década. Ante esta evidencia resulta realmente indignante a pouca atención que vén recibindo a situación deste loitador pola liberdade, tanto por parte de moitos gobernos e dirixentes políticos como por medios de información e opinión que se din defensores das liberdades e os dereitos humanos pero que, á hora da verdade e diante de flagrantes violacións dos mesmos, como sucede neste caso, manteñen silencio. Como quedan en evidencia!

 

Quen é Julian Assange? Un cidadán australiano que, ademais de xornalista, programador, hacker e editor, é un ciberactivista que loita por unha información libre. Que pecados tan horribles cometeu? Ser un dos fundadores de WikiLeaks (2006), plataforma mediática que foi quen -mediante información recollida nos chamados "papeis do Pentágono"- puxo ao descuberto as mentiras que, por caso, contáronse para xustificar a invasión de Iraq. WikiLeais informou de como a Administración Bush, para xustificar a invasión, mentiu conscientemente sobre a existencia  dun arsenal químico en poder de Sadam Hussein: nunca se atoparon restos ou indicios de armamento químico en Iraq. Unha acción militar criminal que tivo como obxectivo real apoderar do petróleo de Iraq, quen  conta cunhas reservas que se calcula en 120.000 millóns de barrís: as máis importantes do mundo despois das de Arabia Saudita. 

 

O pecado cometido por Julian Assange foi o de informar que se estaban cometendo, por parte dos Estados Unidos, "crimes de guerra" e atentados contra o dereito internacional. Porque grazas a WikiLeaks o mundo puido saber das sinistras realidades ocultas tras as guerras de Afganistán e Iraq talles como os asasinatos indiscriminados de civís labores por parte de soldados estadounidenses neses dous países. Igualmente do sumarísimo trato dispensado a prisioneiros afgáns encerrados na prisión de Guantánamo. Accións que supuxeron graves atentados contra os dereitos humanos máis elementais.  

 

Velaí os horribles pecados cometidos por Julian Assange e WikiLeaks: querer informar o mundo sobre o sistemático abuso do segredo e a mentira por parte tanto dos exércitos como dos gobernos de, por caso, os Estados Unidos e os seus aliados (Gran Bretaña....). Accións para as que contan co apoio e a cobertura da maioría dos grandes medios de información e comunicación así como das grandes redes. Neste caso Julian Assange e WikiLeaks tamén cometeron o pecado de revelarnos como as grandes empresas da galaxia dixital -Geogle, Amazón, Facebook...- espíannos e vixían para logo informar o goberno dos Estados Unidos.

 

Julian Assange e WiliLeaks son culpables de defender que non hai razóns que xustifiquen informacións secretas e que, nunha democracia, o deber dos informadores e xornalistas é revelalas cando existan e polas a disposición dos cidadáns -"as democracias non deben ocultar nada, os dirixentes políticos tampouco (...) Por que terían que calar os xornalistas nunha democracia cando un responsable político afirma unha cousa en público e o contrario en privado?" (Julian Assange)-. 

 

Uns principios informativos democráticos que, evidentemente, non todos comparten. Velaí a persecución de que está a ser obxecto WikiLeaks "un servizo de intelixencia hostil aos Estados Unidos, a miúdo apoiado por Rusia...non imos permitir que Assange e a xente da súa calaña sigan escudar na liberdade de expresión para machucarnos con segredos roubados. Ímonos a converter nunha axencia moito máis feroz. E mandaremos os nosos axentes máis desapiadados aos destinos máis perigosos para esmagalos" (M. POMPEIO, director da CIA).


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE