É política? Si

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

"A política é a arte de buscar problemas, atopalos, facer un diagnóstico falso e logo aplicar os remedios equivocados". Groucho Marx, actor e comediante estadounidense.

 

 

Cando as persoas que se dedican a “cousa pública” quédanse sin argumentos, sempre lle reprochan aos que teñen iniativas que non concordan cas súas: “que están facendo política”. E como dicía Charles de Gaulle, primeiro ministro de Francia entre 1944 e 1946: “Cheguei a  conclusión de que a política é demasiado seria para deixala en mans dos políticos”.


 

Na administración sanitaria da Galiza, nos últimos 13 anos, Feijoo e agora Rueda (de reposto) afánanse en querer desprestixiar a entidades como a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, dicindo que “facemos política”. Cando se produxo o Movemento do 15M, tamén dicían: “que se presenten as eleccións para facer política”...así fixeron e o bipartidismo tremeu. Cando xs administradorxs do PP deciden, que para acudir ao Centro de Saúde, terán listas de agarda de 15-21 días (incluso para demandas telefónicas) iso é política. Cando deciden que non se poda pedir interconsulta cx especialista directamente e teñamos unha lista de agarda para entrar na lista de agarda, iso é política. Cando dín que van a chamar a 75.000 persoas que nos últimos 6 meses non foron ó/á Médicx, saturando máis as consultas xa colapsadas de AP, iso é política. Cando lle botas a culpa o goberno central de que “non temos médicxs” e tí convocas 106 prazas, iso sé política. Cando se presentan 353 e quedan médicxs fora que tí non contratas, iso é política. Cando non convocas as 1.000 prazas de médicxs que fan falta, iso é política...e a pregunta que todxs nos facemos: cando se fará política para beneficiar aos cidadáns? Por que todalas medidas que se toman, sempre van en contra do pensar xeralizado que é conservar o ben máis preciado que temos: a Sanidade Pública!


 

De verdade, gañar as eleccións, dá potestade para facer o que quera o/a administrador/a de turno? Estaba no programa “non contratar” xs profesionais que fan falta para dar un servizo determinado? Votaría a xente a esxs políticxs, que non dín previamente o que van facer si chegan o poder? Políticxs que fan o que está no seu ideario ideolóxico e non no seu “programa eleitoral”? A caso a xente que xs votou, quería que se tomaran as medidas que se están tomando en materia sanitaria, educativa, na industria, servizos sociais, na pesca, no agro, etc.? 11.000 millóns de euros no 2022 de orzamento na Galiza (para o ano 2023: 12.200 millóns de euros) non dan para resolver os problemas máis acuciantes que ten este país?


 

Dende diferentes entidades, estamos intentando cambiar a política que desenrola o PP e que vai en contra da cidadanía...e o só feito de plantexar unha modificación: leva consigo o intento de deslexitimación por parte de quen nos goberna na Galiza. É política ou non é política querer mellorar a vida das persoas? Ter un Novo Modelo de AP é prioritario para este país. Que non coincide cas ansias privatizadoras do PP: sí. Que non imos rendirnos e seguiremos apostando pola vía do diálogo e a presión na rúa, no Parlamento, nos Concellos, Deputacións, Valeduría do Pobo, Xustiza, etc. tamén.


 

A última ocorrencia do PP, está en atacar o goberno central “que non faga un MIR extraordinario”, sabendo que o PP na Galiza non ten Unidades Docentes suficientes para aumentar o número de Licenciadxs que podan facer as prácticas de MIR (e que saben que nunca tivemos tantas prazas MIR como nos últimos anos...en que non gobernou o PP…). 


Minten máis que falan...e sí, seguiremos facendo política para que saiban que non poden facer o que lles dá a gana. Que a cidadanía, vota cada 4 anos ca intención de mellorar a calidade de vida, sobre todo en servizos públicos tan básicos como a Sanidade. Acordémonos a hora de votar, que non lles damos un cheque en branco e que van a política para servirnos e non para medrar elxs e xs seus acólitxs. Depende de NÓS!

 

SOS Sanidade Pública recogerá firmas en toda Galicia ante el "estado de urgencia" de la Atención Primaria
#SOS Sanidade Pública recollerá firmas en toda Galicia ante o "estado de urxencia" da Atención Primaria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE