A procura dunha estadista

Manoel Barbeitos
Economista

ANA PONTÓN: "Teño unha mala nova para ou #PP: vou seguir visitando empresas medias e grandes, cooperativas... e vou seguir explicando as alternativas do #BNG como portavoz nacional... vou a seguir traballando con tódolos sectores económicos do país" 
 

 

"Teño unha mala nova para o PP: vou seguir visitando empresas medias e grandes, cooperativas... e vou seguir explicando as alternativas do BNG como portavoz nacional... vou a seguir traballando con tódolos sectores económicos do país" (ANA PONTÓN)


 

Con certa regularidade, moitas veces estratexicamente calculada, aparecen nos escenarios político e mediático galego pequenos feitos que poñen en evidencia como en non poucos círculos da sociedade galega os déficits de valores democráticos son aínda moi elevados.

 

Por caso, fai algunhas semanas a líder da oposición en Galicia, a señora Ana Pontón, ao fronte dunha delegación do seu partido (BNG) realizou unha visita ao que se pode considerar como centro estratéxico que a multinacional galega de téxtil -INDITEX- ten en Arteixo. Unha visita que a portavoz nacional do BNG aproveitaría para subliñar tanto a importancia que para Galicia supón o contar con unha empresa referencia mundial  do sector téxtil como a conveniencia de potenciala pola súa capacidade de xerar actividade económica e emprego. Unhas declaracións que puxeron en evidencia como esta dirixente política vai tomando conciencia de que debe asumir e potenciar unha imaxe de estadista se realmente quere chegar algún  día a presidencia da Xunta de Galicia.

 

Unha posición que lle facilite o imprescindible diálogo e a necesaria negociación con tódolos axentes económicos e sociais do país, e moi especialmente con aqueles que teñen unha grande capacidade de creación de emprego e riqueza como é o caso de INDITEX: unha sociedade manufactureira que por si soa xera mais do 50% da riqueza empresarial de Galicia e que, a pesares das súas prácticas de elisión fiscal, aporta o 15% dos ingresos tributarios.

 

Diálogo e negociación como estratexia prioritaria de quen aspira a Presidencia da Xunta de Galicia e ten sinceras intencións de favorecer políticas que axuden a resolver os graves problemas macroeconómicos que agocha este país a cuxa cabeza están a escaseza de empregos e a precariedade do mercado laboral. Unha posición que de ningures ten que supor a renuncia a uns principios (esquerda soberanista) senón que responde a unha clara visión da realidade actual e de como actuar sobre ela para conseguir obxectivos tan urxentes e vitais para Galicia, en especial para as súas clases populares, como son a creación de emprego, benestar e riqueza.

 

Unha posición que si resulta comprensible que reciba as críticas e os ataques de sectores mediáticos e de opinión galegos que están a procura de erosionar a imaxe de Ana Pontón para así debilitar ás forzas de oposición e impedir un cambio de goberno en Galicia. Non parece lóxico, así e todo, que tamén as reciba da propia entorna do soberanismo galego -"este tipo de medidas unilaterais non son compartidas por toda a dirección e moito menos por toda a militancia"- quen como podemos ver aínda agocha a dirixentes que parecen nostálxicos do "asalto ao palacio de inverno" e de "a toma das fábricas" (V.I. LENIN: "O esquerdismo, a enfermidade infantil do comunismo").

 

Ben faría a señora Ana Pontón, e mellor lle irá a Galicia, se avanza con firmeza e decisión no camiño de presentarse diante dos/as galegos/as como a estadista que precisa este país para poñer definitivamente final ao abafante dominio conservador.


 

 

Ana Pontu00f3n visitando Inditex en Arteixo
Ana Pontón visitando Inditex en Arteixo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE