O Festival de Ortigueira ultima os detalles para ter a punto as actividades gratuítas

Ademais de máis de 40 concertos e pasacalles o Festival de Ortigueira garda moitas sorpresas para os seus asistentes.


|

Escola de Gaitas Festival de Ortigueira 2023
Escola de Gaitas Festival de Ortigueira 2023

 

Xa non falta nada para unha nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Apenas restan dez días para que a música volva soar neste evento que é unha comuñón de culturas durante catro días de concertos e moito máis, porque en Ortigueira a música é só unha parte de todo o que pode ofrecer a localidade durante o mes de xullo, sorprendendo aos asistentes, tanto veteranos como principiantes. 

 

BAILE E CREACIÓN

Con máis de 40 concertos e pasacalles, o Festival ten por costume ser unha oportunidade para dar os primeiros pasos en moitas disciplinas, como os talleres que organiza a Escola de Gaitas de Ortigueira no IES Ortigueira, así como o taller de baile galego que correrá a cargo da Asociación Cultural Donaire o venres 12, de 12 a 14 horas, ou o taller de baile bretón na mesma xornada, coa Bagad Brieg levando o ritmo de 16 a 18 horas.


Xa o sábado, o bailarín, cantante e músico multiinstrumentista de folclore asturiano Xesús Nel Villanueva porá a todos a bailar de 16 a 18 horas nunha data na que tamén sairán a escena Ugia Pedreira e Óscar Rórriz, estes con un taller de creación poética e musical coas cantigas populares como modelo. 

 

A inscrición a todos os talleres debe facer "a través do correo obradoiros@festivaldeortigueira.com, onde será necesario indicar o nome, número de teléfono e taller no que se está interesado". "A admisión será por orde de inscrición", apuntan os organizadores.
 

TEATRO DE BENEFICIENCIA E MÁIS ACTIVIDADES

No entanto, tamén hai oco para outras disciplinas escénicas como o teatro, co Festival de Teatro a cargo do concerto de pequeno formato que se celebrarán no Teatro de Beneficencia, con actuacións de Pärbo (venres 12 de xullo ás 18 horas) e Vos Carunchos (domingo 14 de xullo ás 19 horas). 


Tamén o Teatro de Beneficencia acollerá ás 18 horas do sábado 13 de xullo a charla 'As orixes da cultura Celta en Galicia', impartida polo lingüista, historiador e investigador Ramón Sainero. A exposición coas propostas dos participantes máis destacados do último Concurso de Carteis do festival, a Feira de Artesanía ou o VII Obradoiro de Fotografía Documental de Rúa (para o que será preciso rexistrar as inscricións en galioart.fotografia@gmail.com) serán outras das actividades máis destacadas desta edición de 2024. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE