Accidente mortal en Carballo: morre un motorista ao chocar contra un camión en Bértoa

A pesar dos intentos dos equipos de emerxencia, nada puideron facer por salvar a vida do motorista, que faleceu no lugar.


|

Ambulancia accidente tráfico
Ambulancia

 

Un motorista faleceu no mediodía deste mércores ao impactar contra un camión cando circulaba polo municipio coruñés de Carballo.

O sinistro produciuse ás 15,30 horas no quilómetro número 27 da estrada AC-552 ao seu paso pola parroquia de Bértoa, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

Tras recibir o aviso do condutor do camión implicado no accidente, a central de emerxencias activou un dispositivo de emerxencia no que participaron Garda Civil e Urxencias Sanitarias 061, que enviou á zona ao helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Con todo, os profesionais sanitarios non puideron facer nada pola vida do motorista, falecido no lugar do sinistro.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE