Achan un cadáver modificado nunha vivenda en Catabois, Ferrol

Profesionais do corpo de Bombeiros de Ferrol localizaron no mediodía deste mércores nunha vivenda da estrada de Catabois o corpo momificado dunha muller que podería morrer hai oito meses.


|

Screenshot 2024 06 12 17 59 05 793 com.google.android.apps.maps edit
251 de Carrtera de Catabois en Google Street View


O corpo atopábase no interior dunha vivenda do número 251 da estrada de Catabois, até a que se mobilizaron efectivos dos bombeiros acompañados por axentes da Policía Local de Ferrol e da Policía Nacional.

Os bombeiros utilizaron para acceder ao interior da vivenda o camión escaleira. Unha vez dentro, localizaron o cadáver momificado sobre un sofá.

Segundo fontes consultadas por Europa Press o cadáver podería levar neste lugar até oito meses, en virtude do estado que presentaba. Os primeiros indicios apuntan a que o corpo correspondería a unha muller que residía na vivenda e á que ninguén botou en falta durante os últimos meses.

A comisión xudicial autorizou o levantamento do cadáver para o seu traslado ao Hospital Naval de Ferrol, onde está previsto que este xoves se lle practique a autopsia.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE