Galicia crea unha unidade sanitaria para atender a menores transexuais

Estará no hospital de Santiago, formada por un equipo de expertos que teñen, entre outros retos, o de "despatoloxizar a transexualidade".


|

ChushospitalsantiagoA unidade "de referencia" estará no CHUS.


Galicia dotarase dunha unidade sanitaria "de referencia" para a atención a menores transexuais que estará situada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e, en desenvolvemento da lei aprobada en 2014 fronte á discriminación ao colectivo LGTBI, poñerase en marcha un observatorio galego que loitará contra actitudes discriminatorias por causa de identidade de xénero.


Anunciouno o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que reivindicou a Galicia como a "primeira comunidade" que "consolidou" cun marco legal específico "o principio de igualdade de trato e non discriminación" para o colectivo de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais.


Co obxectivo de "seguir avanzando", indicou que o seu Executivo adoptou este xoves a decisión de crear unha unidade galega de referencia para a atención a transexualidade para menores. Integraraa un equipo multidisciplinar de expertos que teñen, entre outros retos, o de "despatoloxizar a transexualidade" e a de reforzar o respecto á identidade de xénero.


Así mesmo, o observatorio galego que se creará para combater as actitudes de discriminación por identidade de xénero encargarase de realizar estudos, formular recomendacións para a aplicación de políticas públicas e impulsar campañas de concienciación, entre outras cuestións.


relacionada A oposición rexistra un borrador de lei galega de identidade de xénero
relacionada Asociacións LGTBI convocan en Santiago unha manifestación polo "dereito a ser e a existir"
relacionada O PSOE propón que os menores poidan cambiar de xénero no rexistro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE