Mercadona ofrece case 300 empregos en Galicia de case 1.700 euros brutos de salario para a campaña de verán

A provincia de Pontevedra, con 174 postos, é a que máis emprego oferta, seguida de Lugo, con 43, A Coruña, con 42, e Ourense, con 23. 


|

 

250310 NdP Verano 1 2000x1200   Galicia
Foto: Mercadona

 

Achégase a primavera, con ela o bo tempo e, en nada, xa nos atoparemos en plenos días de praia. O verán multiplica tamén os empregos na nosa comunidade e desde Mercadona xa se han porto ao choio para reforzar os persoais dos seus establecementos de face á tempada estival, tendo en conta que no verán Galicia multiplica a súa poboación cos turistas e aqueles que teñen aquí o seu outra residencia, polos que hai que dotar aos supermercados de todo o persoal necesario para atender aos clientes da compañía. 

 

PONTEVEDRA BUSCA TRABALLADORES

Desta maneira, o proxecto de Mercadona é incorporar a 282 traballadores para cubrir as vacantes nos supermercados e, así, garantir un servico óptimo e adaptado á demanda que se prevé desde xuño até setembro. As ofertas de emprego xa están dispoñibles no Portal de Emprego da firma e os interesados poden inscribir xa picando neste enlace. 

 

Desde Mercadona establecen que as condicións son as dunha xornada de 40 horas semanais a razón dun salario de 1.685 euros brutos ao mes. Ao tempo, na oferta pon o acento sobre a formación específica que reciben as novas incorporacións ao persoal desde o primeiro día, de maneira que poidan desempañar as súas funcións de forma eficaz e segura, sen necesidade de contar con experiencia previa. 

 

 

En canto á planificación horaria, un dos puntos que máis valoran os traballadores, Mercadona entrga os horarios de cada plan de traballo con antelacion a fin de facilitar condiciónaa laboral, establecendo varias posibilidades de xornadas semanais con certa flexibilidade, sempre segundo o tipo de contrato.

 

Por outra banda, cabe mencionar que Pontevedra é a provincia onde se busca máis persoal con nada menos que 174 postos, por encima de lso 43 da provincia de Lugo, seguida moi de cerca pola Coruña, con 42. Ourense, con 23, pecha esta listaxe. "As novas incorporacións pasarán a formar parte dun equipo con vocación de servizo ao cliente e capacidade de mellora constante, asegurando que tanto os seus ‘Xefes’ (como internamente denominan ao cliente) como empregados teñan unha boa experiencia durante a campaña de verán", subliña Mercadona. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE