Sogarisa: merece As Somozas comer o marrón de todos?
A planta de Sogarisa no Polígono de Inudstrial de Pereiro, As Somozas, está parada desde o venres 14 de marzo. O motivo foron chamadas ao 112 e traslados á PAC de San Sadurniño de persoas con nauseas e escozor ocular con lagrimeo. Aínda que non hai suficientes probas materiais que o demostren, algúns veciños do lugar cren que detrás está o mal funcionamento da planta Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG) e que, posiblemente, permita unha fuga de químicos irritantes á atmosfera
O Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG), situado nas Somozas e xestionado pola Sociedade Galega de Residuos Industriais (Sogarisa) baixo concesión da Xunta, atravesa un novo episodio de controversia. O pasado xoves detivéronse as actividades na planta de evaporación e oxidación (evox) térmica. A medida tomouse despois dunha serie de alertas nos habitantes de ao redor: nauseas e irritación ocular. Aínda que se enviaron inspectores ambientais non se atoparon causas definitivas. Non é o primeiro incidente que sacode a SOGARISA, unha sociedade dedicada á reciclaxe de residuos industriais, ben polo sistema evox para líquidos ou a inertización mediante o enterro de materiais sólidos en cal para evitar, en principio, explosións ou outro tipo de resultados non desexados. A paralización dos traballos na planta de evaporación e oxidación obedece á necesidade de afastar calquera risco de fuga de gas que non sexa vapor de auga. A Xunta pediu a Sogarisa información detallada sobre as operacións que se realizaron neste tres últimos días
UNHA POSIBLE ORIXE
En outubro de 2023 a planta CTRIG sufriu un incendio despois do estalido de líquido inflamable depositado nese lugar. Segundo o concelleiro do BNG, Víctor Anidos, as obras para a recuperación desta planta realizáronse en seis meses. Desde ese momento a aparición de máis fumaredas é constante. As présas por executar as obras é para algúns, o motivo dos incidentes da pasada semana. Desde a oposición e algúns veciños cren que as obras non levaron adiante con todas as garantías de seguridade.
Por outra banda, durante os últimos meses, os residentes da zona denunciaron molestias causadas por emisións de cal viva, un problema que incrementou a inquietude sobre o impacto ambiental e sanitario da planta.
En 2024 o Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol acorda abrir unha investigación penal por un posible delito contra o medio ambiente durante o tratamento de residuos no CTRIG das Somozas. Nesta investigación encomendábase ao Seprona da Garda Civil “practicar xestións encamiñadas ao esclarecemento dos feitos”. Tanto Ecoloxistas en Acción como Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) denunciaron a emisión o 24 de xaneiro de 2024 de vapores con presenza de Cao (óxido de calcio ou cal viva) insistindo ambas as organizacións que as “emisións son xa reiteradas”.
EN CAL VIVO
SOGARISA está dividida en dous partes, a primeira é a xa mencionada do polígono de Pereiro e a segunda está no monte de Mardán, e é a planta de inertización. Alí arróxanse sólidos e sobre eles bótase cal. Búscase volver inertes a estes residuos sólidos que depués son depositados no vertedoiro que está nas mesmas instalacións do monte Mardán.
O proceso de inerticiado non debería supor un perigo para o medio ambiente se se observasen as mínimas precaucións. Con todo, gandeiros da zona denunciaron a aparición de restos de cal depositados pola acción do rocío sobre o pasto que come o gando das explotacións.
As denuncias dos veciños diríxense a que Sogarisa recoñeza o dano e que as nubes de cal se existiron. Actualmente, segundo Victor Anidos, non se volveron a ver nubes de cal de forma asidua. Aínda así, os gandeiros que presentaron algunha queixa ante a empresa só recibiron, como moito, din, boas palabras, pero o que buscan agricultores e gandeiros é o resarcimiento de perdas económicas nas súas propiedades. A.C., recibiu a recomendación de non pastar gañado ou dar herba dun terreo da súa propiedade ante os elevados índices de contaminación. Quiso reclamar o valor perdido, 7.500 euros pero, segundo transmite: “só ofrecíanme 2.000”.
En canto aos feitos da pasada semana, Anidos apunta que unha das persoas afectadas foi trasladada, xunto a outras, á PAC de San Sadurniño, pero neste caso derivouse ao paciente da PAC ao hospital Arquitecto Marcide en Ferrol.
A pregunta é por que existe un vertedoiro destas características nun municipio rural que, a parte dalgunhas industrias que pecharon, vive da agricultura e de Sogarisa. Sábese que o Concello, mediante un acordo coa Xunta, recibe algo máis dun millón trescentos mil euros por recibir os residuos nos seus terreos. Por outra banda, sinalouse a presenza de camións con matrículas de Portugal e Italia. Ninguén aposta porque estes países estean a aproveitar Sogarisa, pero si confirman a presenza destes vehículos.
Escribe o teu comentario