Expertos de Quirónsalud relacionan os malos hábitos do soño como factor de risco do Alzheimer
Trastornos como a ansiedade ou a depresión tamén estan condicionados polo mal descanso.
Encadear noites sen durmir, ou durmindo pouco, ou directamente descansando mal, pode ser un risco para a nosa saúde. Pode afectarnos tanto no plan físico, como mental e mesmo cerebral. De feito, os expertos pon o foco sobre a importnacia de durmir ben nun país onde entre o 20% e o 48% da poboación adulta di sofre insomnio de maneira ocasional e mesmo crónica.
DA DEPRESIÓN Ao ALZHEIMER
Segundo os datos da Sociedade Española de Neurología, a metade da poboación recoñece ter hábitos prexudiciais para o descanso, como pode ser o uso de pantallas ou antes de durmir ou non manter unha rutina horaria. As consecuencias poden ser moi malas, xa que os profesionaes de Quirónsalud suxiren que mesmo o Alzheimer pode estar condicionado por este factor.
"Un soño insuficiente ou de mala calidade non só afecto o rendemento diario, senón que tamén pode aumentar o risco de enfermidades como ansiedade, depresión e, a longo prazo, mesmo Alzheimer", explica o doutor David A. Pérez Martínez. En termos similares exprésase a doutora Anabel Puente Muñoz, que destaca a importancia dun diagnóstico axeitado nos trastornos do soño.
"A polisomnografía é unha ferramenta esencial para avaliar problemas como a apnea do soño ou o insomnio. Permítenos analizar a actividade cerebral, respiratoria e cardíaca durante a noite, ofrecendo un diagnóstico preciso para un tratamento axeitado", incide.
Establecer horarios regulares para ir durmir, evitar o consumo de estimulantes como a cafeína ou o alcol, dispor dun ambiente axeitado para o descanso sen unha iluminación forte e sen ruídos, ou reducir o uso de pantallas antes de deitarnos son algunhas das recomendacións máis sinxelas.
Escribe o teu comentario