A crise en Megatech ameaza con provocar máis paróns na produción de plantas como a de Stellantis Vigo

A falta de entendemento entre a dirección e o Comité de Empresa de Megatech está a repercutir na saúde dos empregados, chegando a producirse "baixas por estrés e ansiedade". Megatech ten entre os seus clientes ás marcas Peugeot e Citroën, polo que se se agrava a crise na planta de Pereiro de Aguiar podería verse afectada a produción de Stellantis en Vigo, que xa acusa paróns pola crise dos microchips. 


|

A falta de entendemento entre a dirección e o Comité de Empresa de Megatech está a repercutir na saúde dos empregados, chegando a producirse "baixas por estrés e ansiedade".

 

Megatech ten entre os seus clientes ás marcas Peugeot e Citroën, polo que se se agrava a crise na planta de Pereiro de Aguiar podería verse afectada a produción de Stellantis en Vigo, que xa acusa paróns pola crise dos microchips. 

 

Megatech
Megatech | Foto: Clúster de Empresas de Automoción de Galicia

 

O Comité de empresa de Megatech en Ourense anunciou unha concentración para o martes, día 27, diante da súa sede no polígono de Pereiro de Aguiar, para reclamar unhas condicións de traballo dignas.

 

O Comité indicou nun comunicado que existe unha "moi alta carga de traballo" na factoría que "obriga ao persoal "para facer innumerables esforzos que, de ningún xeito, ven recompensados pola dirección de empresa". Aseguran que está a causar mesmo baixas por estrés e ansiedade entre os compañeiros.

 

Con esta mobilización reclaman á empresa un cambio de actitude, que, aseguran, "pechouse a entrar en calquera tipo de negociación para a mellora das condicións dos seus traballadores". O Comité asegura, así mesmo, que existe por parte da empresa "un trato inhumano" cara aos traballadores.

 

CLIENTES QUE PODEN RESULTAR AFECTADOS

Un dos clientes de Megatech, a empresa Stellantis de Vigo, poderíase ver afectada polas mobilizacións dos traballadores. Stellantis e as súas marcas Peugeot ou Critoën reciben pezas de Megatech, polo que unha hipotética folga na factoría auriense poñería aínda máis difícil a produción en plantas como a de Balaídos, que desde hai máis de dous anos rexistra paróns de forma constante pola falta de aprovisionamento condicionado á crise dos microchips. 

 

Sen ir máis lonxe, leste mesma fin de semana están programados paróns para o sábado e o domingo. Se a isto engadimos eventuais atrasos na entrega doutras pezas necesarias para a produción dos vehículos, a fábrica de Vigo podería verse obrigada a tomar decisións aínda máis duras que poderían afectar ao persoal.  

 

De igual maneira, se a falta de estabilidade da subministración destes compoñentes sumamos ás mobilizacións dos traballadores de Megatech, podería facer entrar á sede de Stellantis en Vigo nunha maior crise produtiva.

 

Outras clientes sede ourensá de Megatech tamén se poderían ver afectados. Podería afectar, entre outras, á produción de grupos como Audi, Porsche, Seat, Skoda ou Volkswagen.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE