Xunta mantén descontos en buses autonómicos, o transporte da ría de Vigo e o tren na área de Ferrol

O desconto do 40% nos autobuses interurbanos é unha das medidas sobre a que a Xunta garante a súa continuidade no tempo. 


|

Autobus interurbano
Autobus

 

A Xunta mantén desde este xoves, 1 de xaneiro, o desconto do 40% nos autobuses interurbanos da súa competencia, no transporte da ría integrado na área de transporte metropolitano de Vigo --conexións Cangas-Vigo, Moaña-Vigo en sentidos de ida e volta-- e no tren na ATM de Ferrol.
 


Así o recolle o Diario Oficial de Galicia (#DOG) na orde que publica este martes, que permite continuar con estas bonificacións do 40% no transporte público autonómico, que se aplican sobre as tarifas dos bonos multiviaje e dos cartóns de mobilidade de Galicia.

A orde regula o establecemento dunha minoración adicional e temporal nas tarifas bonificadas de aplicación no transporte público interurbano da competencia da Xunta.

Con esta tramitación e publicación no DOG, o Executivo autonómico garante que as bonificacións aos usuarios do transporte público autonómico teñan continuidade, sen interrupción, desde o 1 de xaneiro.
 


Ademais, aínda que a orde establece como prazo de aplicación dos descontos até o 31 de xaneiro, xa prevé a ampliación do período en que se aplicará a minoración temporal da tarifa, de forma que a Xunta garante a súa continuidade no tempo. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE