A Coruña acolle este domingo unha carreira inclusiva e solidaria
A carreira comezará e finalizará en María Pita, pasando por zonas como a Mariña, o paseo marítimo ou a Torre de Hércules
A cidade da Coruña acollerá este domingo, día 30, a XXVIII edición da chamada 'carreira alternativa', unha proba solidaria organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva e por Be One, e que conta coa colaboración do Concello da Coruña.
A alcaldesa, Inés Rey, e o promotor da proba, Eduardo Blanco, informaron, en rolda de prensa dos detalles desta edición, que se celebra baixo a lema "Pola inclusión e a igualdade".
Sobre a carreira, incidiron en que non se trata dunha competición, senón dun evento lúdico que se pode facer correndo, camiñando, en patíns en bicicleta ou en cadeira de rodas.
A proba partirá de María Pita e un vehículo marcará o ritmo máximo na cabeza. As persoas participantes atravesarán a Mariña, a rúa Nova e a rúa Alta, percorrendo o paseo marítimo en dirección á Torre de Hércules, volvendo finalmente a María Pita polo Parrote.
Escribe o teu comentario