A carreira comezará e finalizará en María Pita, pasando por zonas como a Mariña, o paseo marítimo ou a Torre de Hércules
A asociación agradeceu o "gran apoio social" debido ás dificultades para o financiamento deste evento
O trafego constante Parrote e a Praza de María Pita, no centro da Coruña, terá un respiro o vindeiro sábado 19 de outubro durante a celebración da VI Carreira de Obstáculos pola Integración ENKI, un evento solidario que reunirá na cidade herculina a 10.000 corredores nunha xornada de "diversión e inclusión".