A Coruña e 10.000 persoas "xogarán a gañar" e pola inclusión na carreira de ENKI
O trafego constante Parrote e a Praza de María Pita, no centro da Coruña, terá un respiro o vindeiro sábado 19 de outubro durante a celebración da VI Carreira de Obstáculos pola Integración ENKI, un evento solidario que reunirá na cidade herculina a 10.000 corredores nunha xornada de "diversión e inclusión".
O trafego constante Parrote e a Praza de María Pita, no centro da Coruña, terá un respiro o vindeiro sábado 19 de outubro durante a celebración da VI Carreira de Obstáculos pola Integración ENKI, un evento solidario que reunirá na cidade herculina a 10.000 corredores nunha xornada de "diversión e inclusión".
Presentación do evento
Inés Rey, alcaldesa da Coruña, e Ángel López, presidente de ENKI, foron os encargados de presentar no Palacio de María Pita esta nova edición dun evento que busca "promover a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con discapacidade, ademais do respecto e a educación na diversidade funcional" baixo o lema #JugandoAGanar.
O evento comezará ás 16:30 horas e prolongarase ata as 19:30 nunha tarde onde o deporte e a inclusión social irán da man. “Somos o escenario dunha cita fundamental para visibilizar a diversidade”, asegura a alcaldesa coruñesa, reafirmando o compromiso da cidade nas políticas de integración.
A carreira organizada por ENKI, coa colaboración da Fundación María José Jove, a Obra Social “a Caixa” e o Concello da Coruña, está ideada para todas as idades e condicións físicas e consta dun circuíto de obstáculos adaptados de case 2,5 km que se situará entre a avenida da Mariña, avenida Montoto, chaira do Parrote, Porta Real e Praza de María Pita, ademais dun Espazo da Solidariedade, onde as entidades participantes buscan sensibilizar e concienciar á cidadanía por medio de xogos, así como achegar o labor que realizan cada unha das entidades.
Con 10.000 rexistrados, esta promete ser unha edición multitudinaria de ENKI, que non esconden a súa satisfacción de lograr esa cifra. “Desde ENKI queremos dar as grazas aos 10.000 valentes que van dalo todo para visibilizar a diversidade funcional“, agregou López. Do mesmo xeito, López tamén apuntou que a organización repartirá premios entre os asistentes, como o galardón ao equipo co disfrace máis orixinal.
Escribe o teu comentario