'Fillos de York', a triloxía de Cristina Mourón que presentará no Corte Inglés da Coruña
A escritora visitará os grandes almacéns herculinos para presentar a súa triloxía.
Moito se escribiu ao longo da historia da literatura universal sobre a figura de Ricardo III. Agora, é a autora Cristina Mourón a que se atreve a escribir outra páxina sobre este gobernante do que tamén fabuló Shakespeare. Este rei é un dos elementos centrais de 'Fillos de York', a triloxía que presentará a escritora este 29 de febreiro no Corte Inglés da Coruña.
York, Middleham e Londres, son os títulos das tres composicións desta obra onde o amor, a paixón e a traizón xogan papeis fundamentais coa figura de Ricardo III, enfrontado aos Tudor, como protagonista. "A triloxía, amplamente documentada, mostra ao verdadeiro Ricardo e dá a coñecer a súa inesperada historia de amor que desempeñará un papel fundamental na súa vida", explican.
"Esta é, en definitiva, unha historia de amor, drama, traxedias, traizóns, soños, esperanzas, ilusións, batallas, reis, raíñas e cabaleiros medievais, artistas, artesáns, comerciantes... nais, pais, fillos, fillas, esposas, esposos, amantes... que loitan pola súa supervivencia e por atopar e conservar o amor na convulsa e inestable Inglaterra da segunda metade do século XV", detallan os organizadores da presentación, que terá lugar mañá ás 19 horas na libraría do centro comercial.
Escribe o teu comentario