Catro centros de ensino coruñeses, premiados polos seus traballos en favor da igualdade
A Deputación provincial busca "construír un futuro sen discriminación, nin sexismo e, por tanto, sen violencia machista".
Imaxe da entrega. Foto: Deputación da Coruña
Alumnado e profesorado do CIP María Pita e o IES Otero Pedrayo da Coruña, xunto co CPO Atios de Valdoviño, recolleron os premios polos seus traballos pola igualdade en centros educativos no marco do Premio Concepción Arenal. No mesmo acto, o IES Díaz Pardo de Sada recibiu o seu premio por un concurso de guións contra a violencia de xénero.
A entrega de premios tivo lugar no salón de plenos da Deputación, nun acto presidido pola deputada de Servizos Sociais, Educación e Igualdade, Ánxela Franco.
Para a deputada provincial, estes premios responden a unha liña de traballo da Deputación da Coruña co fin de contribuír "á educación en igualdade e construír un futuro sen discriminación, nin sexismo e, por tanto, sen violencia machista".
Escribe o teu comentario