​Elnosa non solicita polo momento un aumento de consumo de auga

O BNG denuncia a "cacicada" de que Elnosa empregue dúas concesións de captacións anteriores á súa implantación en Lourizán.


|

EncepasterariadepontevedraENCE e Elnosa comparten localización.


O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, informou de que polo momento non se recibiu ningunha solicitude por parte da empresa Electroquímica do Noroeste (Elnosa), emprazada en Lourizán, para incrementar o seu caudal ante o cambio de produción que debe levar a cabo pola prohibición de mercurio para realizar cloro.


En resposta a unha pregunta do BNG na comisión de Ordenación Territorial, o director de Augas dixo "non ter coñecemento" de que os cambios na produción vaian producir modificacións no caudal, despois de que o deputado nacionalista Luís Bará sinalase que a compañía prevé un aumento de, polo menos, a 50% da auga empregada.


Ademais, o responsable de Augas deixa claro que en casos de seca existe unha "orde de prioridade de usos", entre os cales o industrial "non é prioritario", senón que está en cuarto lugar, polo que o abastecemento á poboación se atopa "por encima de todos".


No tocante ao incremento de augas residuais polo cambio de produción, Roberto Rodríguez explica que se lle require á empresa, cunha antelación mínima de seis meses, cálculos de verteduras co cambio tecnolóxico, cuxa nova produción se espera comezar en xuño de 2020.


A Consellería de Medio Ambiente concedeu o pasado mes de decembro a autorización ambiental integrada (AAI) a Electroquímica do Noroeste (Elnosa) para poder iniciar o proxecto de reconversión na súa planta de Lourizán co fin de poder seguir producindo cloro sen o uso de mercurio.


O BNG DENUNCIA UNHA "CACICADA"


Así mesmo, Roberto Rodríguez indicou que Elnosa "forma parte do grupo ENCE" e conta con dúas concesións para abastecemento de auga que datan dos anos 1958 e 1968. Estas afirmacións provocaron o "asombro" de Luís Bará, quen afirmou que "é a primeira noticia" que ten de que Elnosa pertence ao grupo ENCE.


Posteriormente, fontes da Consellería de Medio Ambiente aclararon a Europa Press que nas súas palabras Roberto Rodríguez quería referirse a que Elnosa e ENCE comparten a mesma concesión para a mesma captación, sen relación esta cuestión coa propiedade dos grupos empresariais.


Durante o debate, Bará denunciou que Elnosa "goza" de dúas concesións que "son anteriores á propia fábrica", o que ve "extremadamente grave", pois esas son autorizacións para ENCE, e "está a dar a entender que Elnosa utiliza a mesma captación que a concedida a ENCE con anterioridade e non ten unha captación propia".


"O que sería moi grave porque estarían a amparar esta situación de absoluta irregularidade e ilegalidade", censura. Por iso, acusa á Xunta de "amparar" unha "auténtica cacicada".


Ademais, o deputado nacionalista apuntou que preocupa "moito" o con sumo de auga por parte de Elnosa nun contexto de "escaseza", pero que en cambio se lle concenden determinados "privilexios".


relacionada ​A Xunta mételle présa a Costas pola prórroga de Elnosa
relacionada Elnosa recibe a autorización ambiental integrada para desmantelar a planta
relacionada Cadea humana contra a continuidade da fábrica de Elnosa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE