A Coruña despide a Domingos Merino, primeiro alcalde da democracia

|

Domingos merino


O Palacio Municipal de María Pita acollerá o venres a capela ardente do exalcalde Domingos Merino, rexedor da primeira Corporación municipal da Coruña tras a ditadura, entre os anos 1979 e 1981, e que faleceu o pasado mércores aos 78 anos de idade. Aínda que nun principio ía organizarse este xoves, será o venres cando se celebre o acto de despedida a partir das 11:00 horas. Todas as persoas que queiran despedirse do mandatario poderán acceder ao recinto.


Máis tarde, ás 16:00 horas, terá lugar o acto de homenaxe e despedida a Domingos Merino. Tras coñecerse o seu falecemento, o goberno local trasladou as súas condolencias á familia e achegados. Ademais, cualificou a Domingos Merino como "un gran defensor das liberdades tanto desde o Palacio de María Pita como noutros postos públicos que ostentou ao longo da súa vida". Por iso, coa intención de permitir á cidadanía participar na despedida de Merino, o concello herculino instalará a capela ardente no salón de plenos do Palacio Municipal de María Pita.


Doutra banda, o BNG tamén quixo render homenaxe a un dos seus militantes. “Un dos bos e xenerosos” declaraba a portavoz nacionalista, Ana Pontón, sobre o rexedor coruñés. Ademais, desde o partido destacan “o seu papel democratizador no concello coruñés abrindo as súas portas á participación cidadán facilitando a súa asistencia con plenos vespertinos, e foi pioneiro tamén na utilización da lingua galega no Pazo de María Pita”.

relacionada ​O Xulgado de Violencia de Xénero volve quedar sen xuíz
relacionada ​"Picos ilegais" de dióxido de xofre pola avaría na refinería

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress